Ati Seygundiba Quigua, nada en Jewrwa (Serra Nevada de Santa Marta) o 28 de abril de 1980, é unha activista, política ambientalista e pacifista indíxena colombiana, pertencente ó pobo arhuaco e coñecida como Ati Quigua.

Traxectoria É administradora pública e magister en Goberno e políticas públicas. O 3 de xaneiro de 2004 converteuse na primeira concelleira indíxena de Colombia e posteriormente na primeira muller indíxena na vicepresidencia do Concello de Bogotá, dende 2004 até 2011. No seu traballo político priorizou a creación dunha "cultura da auga" a través dun Estatuto da auga para Bogotá e a defensa do patrimonio ambiental, a soberanía alimentaria e o protagonismo das mulleres nesta loita. Nas súas intervencións denunciou o etnocidio no seu país. É membro da Comisión Asesora de Paz de Colombia.

Premios e recoñecementos Ati Quigua recibiu en 2016 o Premio Pace Città di Ferrara e o Premio Internacional Daniele Po en 2016, que recoñece mulleres e asociacións que traballan polo ambiente e os dereitos humanos.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Nados en 1980 Categoría:Nados en Colombia Categoría:Pobo arhuaco Categoría:Concelleiros de Colombia Categoría:Políticos do Movemento Alternativo Indíxena e Social Categoría:Mulleres líderes indíxenas