Olga Moreiras Tuni, nada en Vigo en 1933 e finada en Madrid en 2012Díaz-Fierros, 2013, foi unha catedrática de Nutrición galega.

Traxectoria Tiña o título de Profesor Mercantil e Intendente Mercantil, recibido na Escuela Superior de Comercio de Madrid. Tamén completou os estudos de Técnico Bromatólogo na Universidade Complutense de Madrid. Estudou na universidades de Granada e a Complutense de Madrid, onde se licenciou en Farmacia e obtivo o doutoramento, respectivamente. A súa tese doctoral, dirixida por Gregorio Varela Mosquera foi ida en 1979 baixo o título Cortisol: crecimiento y utilización nutritiva de la proteína en la rata.

Accedeu o posto de Catedrática de Universidade no que se mantivo ata a súa xubilación, no Departamento de Nutrición e Bromatoloxía da Universidade Complutense.

Obras Tablas de Composición de Alimentos

Vida persoal Casou con Gregorio Varela Mosquera, co que tivo un fillo, Gregorio.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Díaz-Fierros Viqueira, Francisco (2013), “Olga Moreiras Tuni ”, en Álbum da Ciencia. Consello da Cultura Galega. [lectura: 10/03/2018] Blanco, Isabel (2021). Galegas na ciencia . Editorial Belagua. Ilustracións de María Lapido. ISBN 978-84-12-14336-2

Ligazóns externas "Homenaje póstumo a los profesores Gregorio Varela Mosquera y Olga Moreiras Tuni" en Jornada Científica Nutrición e Hidratación (31 de xaneiro de 2013).

Categoría:Nados en 1933 Categoría:Finados en 2012 Categoría:Nados en Vigo Categoría:Profesores da Universidade Complutense de Madrid Categoría:Alumnos da Universidade de Granada Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes