Wangari Muta Maathai, nada en Nyeri o 1 de abril de 1940 e finada en Nairobi o 26 de setembro de 2011, foi unha activista medio-ambiental e política kenyana. Recibiu o Premio Nobel da Paz en 2004 polo seu labor na defensa da natureza e a potenciación ao mesmo tempo do labor da muller, a través da plantación de máis de 30 millóns de árbores. Foi a primeira muller africana en recibilo. A doutora Maathai foi membro electa no parlamento e ministra de Medio Ambiente e Recursos Naturais dentro do goberno presidido por Mwai Kibaki até novembro de 2005. O seu último libro foi The Challenge for Africa (Pantheon, Nova York, 2009).
Premio Nobel da Paz "Maathai permaneceu coraxosamente contra o antigo réxime opresivo en Kenya", o Comité do Nobel Noruegués anunciou nunha declaración que ela era a vencedora do Premio Nobel da Paz de 2004. "As súas formas de acción únicas contribuíron para chamar a atención á opresión política - nacional e internacionalmente-. Ela serviu como unha inspiración para moitos na loita polos dereitos democráticos e ten encoraxado especialmente as mulleres a mellorar a súa situación".
Controversia Maathai causou controversia entre os comentadores dos medios de comunicación, cando nunha conferencia de prensa seguinte ao anuncio do Premio Nobel, ela falou a favor da alegación de que o virus HIV era un produto creado polo ser humano a través de bio-enxeñaría, e entón lanzado na África por científicos occidentais non-identificados como unha arma de destrución masiva para "punir os negros". A alegación foi apoiada só por unha pequena minoría, é unha das varias teorías conspiratorias da SIDA. Desde entón ela fuxiu de ter unha posición definitiva, alegando que "Eu non sei sobre a orixe... E espero que un día o saibamos, porque iso é algo que obviamente todos queremos saber, de onde vén a doenza".
Premios 1984: Right Livelihood Award (coñecido como "Premio Nobel Alternativo") 1991: Premio Goldman do Medio-Ambiente 1991: Premio África 1993: Medalla de Edimburgo (pola "incríbel contribución á humanidade a través da ciencia") 2004: Premio Petra Kelly 2004: Premio Sophie 2004: Premio Nobel da Paz
Véxase tamén
Ligazóns externas Taking Root: The Vision of Wangari Maathai documentary film
Categoría:Premio Nobel da Paz Categoría:Nados en 1940 Categoría:Finados en 2011 Categoría:Cabaleiros da Lexión de Honra Categoría:Nados en Kenya Categoría:Ecoloxistas de Kenya Categoría:Profesores da Universidade Yale Categoría:Premios Nobel de Kenya Categoría:Premio Medioambiental Goldman Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade de Giessen