A árbore do aforcado (en ) é un filme estadounidense de 1959 dirixido por Delmer Daves. Karl Malden asumiu as funcións de director durante varios días cando Daves caeu enfermo. Está protagonizado por Gary Cooper, Maria Schell, George C. Scott e Malden e está ambientado nos campos de Montana durante a febre do ouro das décadas de 1860 e 1870.
Estreouse en galego o 30 de agosto de 2002 a través da TVG.
Sinopse En 1873, o médico pistoleiro e xogador Joseph Frail chega a un campo de minería en Montana durante a febre do ouro tentando fuxir de eventos do pasado que prefire manter ocultos. O seu xeito de ser rudo e reservado causa envexa no tolo e alcohólico pregador Grubb e no oportunista Frenchy mais non lle impide que tente axudar as persoas, como algúns dos seus pacientes, o mozo ladrón Rune e a inmigrante suíza Elizabeth.
Personaxes Gary Cooper como Doc Frail Karl Malden como "Frenchy" Plante Maria Schell como Elizabeth Mahler George C. Scott como Grubb Karl Swenson como Tom Flaunce Ben Piazza como Rune Virginia Gregg como Edna Flaunce John Dierkes como Society Red King Donovan como Wonder
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha en AllMovie
Categoría:Filmes de 1959 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Delmer Daves Categoría:Filmes con banda sonora de Max Steiner Categoría:Filmes de Warner Bros. Categoría:Filmes ambientados en Montana Categoría:Filmes de 1959 con versión en galego