Wonderful Days (en ) é un filme surcoreano de 2003 de animación e ciencia ficción escrito e dirixido por Kim Moon-saeng. É un filme postapocalíptico ambientado no ano 2142, ano no que a contaminación ambiental levou ó colapso da civilización humana. Creouse coa técnica de imaxe xerada por ordenador fotorrealista, comparable á de filmes como Final Fantasy: The Spirits Within, que salienta por empregar modelos altamente detallados dos fondos sobre os que se animaron as personaxes.

O filme foi estreado en numerosos países occidentais como os Estados Unidos de América e o Reino Unido baixo o título de Sky Blue. Estas versións foron lixeiramente editadas, co recorte de dous minutos en comparanza coa versión orixinal. Países como Francia e Finlandia mantiveron o título orixinal (que é unha transliteración hangul da frase inglesa “Wonderful Days”).

Personaxes Ji Hoon Choi como Shua Yeong Seon Eun como Jay In Seong O como Cade Se Chang Maeng como Shua de neno

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 2003 Categoría:Filmes en lingua coreana Categoría:Filmes de Corea do Sur Categoría:Filmes sobre o medio ambiente Categoría:Filmes postapocalípticos