Youth é un filme de 2015 de comedia e drama escrito e dirixido por Paolo Sorrentino. É o segundo filme do director en lingua inglesa, e está protagonizado por Michael Caine e Harvey Keitel, que interpretan a dous amigos que reflexionan sobre as súas vidas menstres están de vacacións nos Alpes suízos. É a historia da eterna loita entre a idade e a xuventude, o pasado e o futuro, a vida e a morte, o compromiso e a traizón. Entre as personaxes secundarias están Rachel Weisz, Paul Dano e Jane Fonda.

Estreouse no Festival de Cannes 2015, onde competiu pola Palma de Ouro e tivo unha boa acollida por parte da crítica. Nos Premios do Cinema Europeo, Youth gañou os premios ó mellor filme, mellor director para Sorrentino, e mellor actor para Caine. Recibiu un nomeamento ós Premios Oscar na categoría mellor canción orixinal, pola composición de David Lang "Simple Song #3". Nos Globos de Ouro, Lang tamén foi nomeado á mellor canción, xunto con Jane Fonda á mellor actriz secundaria.

Personaxes Michael Caine como Fred Ballinger Harvey Keitel como Mick Boyle Rachel Weisz como Lena Ballinger Paul Dano como Jimmy Tree Jane Fonda como Brenda Morel Roly Serrano como Diego Maradona Alex Macqueen como emisario da Raíña Ian Keir Attard como asistente do emisario da Raíña Luna Mijović como masaxista Robert Seethaler como Luca Moroder Tom Lipinski como guionista Chloe Pirrie como guionista Alex Beckett como guionista Nate Dern como guionista Mark Gessner como guionista Ed Stoppard como Julian Boyle Paloma Faith como ela mesma Mark Kozelek como el mesmo Mădălina Diana Ghenea como Miss Universo Sumi Jo como ela mesma Viktoria Mullova como ela mesma

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 2015 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes de Suíza Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes de Italia Categoría:Filmes dirixidos por Paolo Sorrentino Categoría:Filmes sobre a vellez Categoría:Filmes rodados en Italia Categoría:Filmes rodados en Londres Categoría:Filmes rodados en Suíza Categoría:Filmes rodados en Venecia Categoría:Filmes ambientados en Suíza Categoría:Filmes de StudioCanal