Luisa Fernández, nada en Vigo o 14 de agosto de 1961 é unha cantante pop galega establecida en Alemaña.

Traxectoria Luisa Fernández naceu en 1961 en Vigo nunha familia con sete irmáns. A principios da década de 1970, a familia trasladouse a Alemaña e instalouse en Alveslohe (Kreis Segeberg) nos arredores de Hamburgo. Alí asistiu á escola e logo formouse como peiteadora.

En 1977, aos dezaseis anos, Fernández foi descuberta nunha competición de talentos na discoteca Zur Kutsche de Alveslohe, onde recibiu un contrato de gravación. O single Lay Love on You saíu a principios de 1978 e alcanzou o 7.º posto en Alemaña, o 5.º en Austria e o 15.º en Suíza. En Bélxica, foi disco de ouro. O seu disco debut Discodarling, producido por John David Parker tamén se tornou nun grande éxito. O mesmo ano, tamén editou a versión alemá Ein Mann wie du, mais tivo máis éxito na versión de Tina York. Un segundo single de éxito no verán de 1978 foi Give Love a Second Chance, que chegou ao posto 11 en Alemaña e ao 16 en Austria. En 1979 apareceu o seu segundo álbum Spanish Dancer.

Despois do final da "era Disco", non se escoitou moito sobre Fernández durante un tempo, ata que coñeceu o cantante e produtor alemán Peter Kent. En 1986, os dous músicos gravaron o sinxelo Solo por ti, que se converteu nun Top 20 en Alemaña e acadou o número 1 en Austria, país onde a parella tivo os seus maiores éxitos: os singles Con esperanza, Dos horas más, La luna lila (Purple Moon), Quizás, quizás, quizás e Y tú estiveron na listaxe das 20 mellores. En 1997 Fernández finalizou a colaboración con Peter Kent.

Discografía Álbums Ano Título PosiciónFontes: Sinxelos Álbums Observacións 1987 L P — 24 (2 semanas) — Publicado en xuño de 1987 con Peter Kent 1992 Ambiente — 39 (1 semana) — Publicado en agosto de 1992 con Peter Kent

Outros álbums 1978: Disco darling 1979: Spanish Dancer 1988: Y tu (con Peter Kent) 1995: Mar y sol (con Peter Kent)

Recompilacións con Peter Kent 1989: Ihre größten Erfolge 1991: The Maxi Hits 1994: The Hit Collection – Double Gold 1995: Cinderela Rockafella 2002: It’s a Real Good Feeling 2008: Greatest Hits Reloaded

Sinxelos AnoTítuloPosiciónObservacións 1978 Lay Love on You 7 (30 semanas) 5 (16 semanas) 31 (9 semanas) Publicación: xaneiro de 1978 1978 Give Love a Second Chance 11 (16 semanas) 16 (12 semanas) — Publicación: xuño de 1978 1986 Solo por ti 18 (12 semanas) 1 (24 semanas) — Publicación: agosto de 1986 con Peter Kent 1987 Con esperanza — 7 (16 semanas) — Publicación: xaneiro de 1987 con Peter Kent 1987 Quizás, Quizás, Quizás — 12 (6 semanas) — Publicación: maio de 1987 con Peter Kent 1987 Dos horas mas — 16 (6 semanas) — Publicación: agosto de 1987 con Peter Kent 1988 Mañana — 19 (2 semanas) — Publicación: xuño de 1988 con Peter Kent 1989 Y tu — 14 (8 semanas) — Publicación: novembro de 1988 con Peter Kent 1990 La luna lila (Purple Moon) — 5 (19 semanas) — Publicación: xullo de 1990 con Peter Kent 1991 Illusion (Ilusion) — 25 (3 semanas) — Publicación: maio de 1991 con Peter Kent 1992 Perdona 75 (3 semanas) — — Publicación: xuño de 1992 con Peter Kent outros sinxelos 1978: Ein Mann wie du (versión alemá de Lay Love on You) 1978: Loca por ti (versión española de Lay Love on You) 1978: Stop (When You Do What You Do) 1979: Granada 1979: We All Love You Superman 1979: Sei Il Piu' Forte Superman (versión italiana de We All Love You Superman) 1979: New York Dance 1979: Dead End Street 1980: Love Me Tonight 1981: Africa 1982: Take Me 1983: Like a Hurricane 1985: A tu lado 1986: Girls Play Dirty 1986: Quiero que seas mi amante 1987: Lay Love on You (Remake ’87) 1988: Lay Love on You (Remake ’88) 1989: Porque no (con Peter Kent) 1992: Fiesta del sol (con Peter Kent) 1993: Viva (con Peter Kent)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Hernández y Fernández… dos hijos de emigrantes que triunfaron Luisa Fernandez plant ihr Comeback, Hamburger Abendblatt, 1 de abril de 2004 Mit 17 schon ein Star. Luisa, Disco-Star aus Alveslohe, Hamburger Abendblatt, 26 de agosto de 1978 Singles Discography on 45cat.com Discography on rateyourmusic.com chartsurfer.de officialcharts.de

Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1961 Categoría:Cantantes de Galicia Categoría:Cantantes en lingua castelá Categoría:Galegos de Alemaña Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes