Faustino Álvarez Pena, nado en Mugardos o 27 de outubro de 1947, foi un músico e cantante galego, máis coñecido como Tino Álvarez.

Traxectoria Traballou nos estaleiros da ría de Ferrol até comezos da década de 1990. Nese tempo participou activamente no movemento sindical nacionalista. Ao longo desta etapa, cursou estudos universitarios en Santiago de Compostela e Alcalá de Henares. É socio fundador dunha sociedade mercantil adicada ao campo do asesoramento,tamén e o xefe dunha empresa. Exerceu, un tempo, a dirección no programa de Escolas Obradoiro, así como a dirección na empresa privada.

No ano 1969, da man de Vicente Araguas, toma contacto con Voces Ceibes. En Nadal dese ano participou nun festival en Mugardos. En xullo de 1970, despois de participar en diferentes concertos, entre eles Ribadeo e Perlío (Fene), deixou de tocar. Retomou as actuacións en 1976, e deixouno de forma definitiva en setembro do 1981 tras unha actuación en Neda.

Categoría:Nados en 1947 Categoría:Nados en Mugardos Categoría:Voces Ceibes Categoría:Músicos de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Alumnos da Universidade de Alcalá