Titan é o nome dunha familia de foguetes espaciais estadounidenses que ten súa orixe no mísil SM-68 Titan, desenvolvido a principios da década de 1960.

Historia Os foguetes Titan desenvolvéronse para cubrir as necesidades da USAF de levar cargas medias a órbita nos anos 1960, competindo en primeiro lugar co Saturno I e máis tarde cos transbordadores espaciais, sobrevivindo a ambos. Con todo non tivo éxito comercial e acabou sendo substituído polos foguetes Delta IV e Atlas V.

Orixinalmente tiñan que ter servido para lanzar o avión espacial tripulado X-20A Dynasoar, a Gemini B e as estación MOL, pero todos eses proxectos acabaron cancelados. No seu lugar usáronse para lanzar satélites de comunicación, recoñecemento e escoita electrónica na súa maior parte. Algúns lanzaron tamén sondas espaciais. O último Titan lanzouse o 19 de outubro de 2005.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos SM-68 Titan

Categoría:Titan