Castro de Lubre é un poboado da idade de ferro de chaira fortificado en Ares.
É un castro de chaira situado no límite dunha baixada aproveitando o desnivel do terreo. Está moi alterado por labores agrarias. Tería unha forma circular duns 100 metros de diámetro cunha soa liña defensiva. Só se conservan algúns terrapléns como lindes de leiras. Na zona consérvanse os topónimos de Vila dos Mouros e Agro do Castro, preto da igrexa parroquial. Notas
Véxase tamén
Outros artigos Castros de Galicia Cultura castrexa Arco Ártabro
Lubre