Santiago Abascal Conde, nado en Bilbao o 14 de abril de 1976, é un político español, presidente do partido Vox e deputado das XIII e XIV lexislaturas de España. Anteriormente militou no Partido Popular, dende 1994 até 2013, sendo parlamentario vasco por esta formación entre 2004 e 2009. Foi fundador da Fundación para a Defensa da Nación Española (DENAES), da cal foi presidente varios anos. Así mesmo é autor de varios ensaios políticos.
Traxectoria Naceu en Bilbao o 14 de abril de 1976, procedente dunha familia de Amurrio (Áraba) por parte paterna, e coruñesa por parte materna.
A súa vencellanza coa política procede de familia. O seu pai, Santiago Abascal Escuza, foi un membro histórico do grupo Alianza Popular e, máis tarde, dirixente local do Partido Popular en Áraba durante máis de 35 anos. Foi concelleiro de Amurrio, membro da executiva do partido no País Vasco e voceiro do seu grupo nas Xuntas Xerais de Áraba. O seu avó foi tamén alcalde da localidade durante o franquismo, comezando no ano 1963 e finalizando o seu mandato xa en democracia, no ano 1979. A súa familia, por mor da súa actividade política, sempre estivo ameazada pola banda terrorista ETA e pola súa contorna.Álvaro Carvajal, «Retrato de familia bajo amenaza de ETA en 20 'tuits'», El Mundo, 13 de agosto de 2012.
Santiago Abascal Conde realizou estudos de socioloxía, licenciándose na Universidade de Deusto en 2003. Colabora con numerosos medios de comunicación entre os que salientan a Cadea COPE, o Grupo Intereconomía, esRadio, Libertad Digital, 13TV, ABC, La Razón e o Semanario Alba, e participa nos faladoiros de «El gato al agua» (Intereconomía Televisión) e «El cascabel» (13 TV).
Obras Secesión y exclusión en el País Vasco (2004) Vitoria-Gazteiz: Ikusager Ediciones. ¿Derecho de autodeterminación? Sobre el pretendido derecho de secesión del «Pueblo Vasco» (2004). Madrid: Centro de Estudios Políticos y Constitucionales. La farsa de la autodeterminación. El plan Ibarretxe: al asalto del País Vasco y España (2005). Barcelona: Ediciones Áltera. En defensa de España. Razones para el patriotismo español (2008). Madrid: Ediciones Encuentro. Con Gustavo Bueno Sánchez. No me rindo (2014). Madrid: La Esfera de los Libros. Con Gonzalo Altozano. Hay un camino a la derecha (2015). Madrid: Stella Maris. Con Kiko Méndez-Monasterio.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Nados en 1976 Categoría:Nados en Bilbao Categoría:Nados na diáspora galega Categoría:Españois de ascendencia galega Categoría:Políticos do PP Categoría:Políticos de Vox Categoría:Alumnos da Universidade de Deusto Categoría:Concelleiros do País Vasco Categoría:Deputados do Parlamento Vasco Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XIV Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XIII Lexislatura)