Dos días do porvirO futurismo crítico de H.G. Wells , Sermos Galiza, 3 de abril de 2018 (en ) é unha novela do británico H. G. Wells publicada por vez primeira entre os meses de xuño e outubro de 1899 nos sucesivos números de The Pall Mall Magazine. Máis tarde sería compilada como parte da colección Tales of Space and Time.

Foi traducido ó galego por Alejandro Tobar e foi publicado pola Editorial Hugin e Munin no ano 2018.

Trama e características Está dividida en cinco capítulos: "The Cure for Love", "The Vacant Country", "The Ways of the City", "Underneath" e "Bindon Intervenes".

Conta a historia de dous amantes, Elizabeth e Denton, no Londres distópico do século XXII. Explora as implicacións dunha urbanización excesiva e do sistema de clases; así mesmo, aborda temas como o progreso tecnolóxico en campos coma a medicina, as comunicacións, o transporte ou a agricultura.

Como tamén sucede en When the Sleeper Wakes, publicada o mesmo ano, o relato establece continuas comparanzas entre a época vitoriana e a cidade futura a douscentos anos vista: un Londres poboado por 30 millóns de persoas, no que as clases desfavorecidas residen no subsolo mentres que a media e alta o fan en rañaceos e hospedaxes colectivas. Unha serie de plataformas móbiles interconectan a cidade, tanto por vía aérea coma pola superficie, onde se acadan altas velocidades; pola contra, o medio rural amósase en estado de abandono.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas "A Story of the Days To Come" en Tales of Space and Time, Universidade of Newcastle, Australia . "A Story of the Days to Come" en librivox .

Categoría:Novelas en inglés Categoría:Obras literarias de 1899 Categoría:Novelas de ciencia ficción Categoría:Novelas ambientadas en Londres Categoría:Obras traducidas do inglés ao galego‎