miniatura|376x376px|Unha fada pintada por Sophie Anderson (1869). As fadas (do latín fata) son seres mitolóxicos do folclore europeo, unha forma de espíritosBriggs (1976) – The Fairies in English Tradition and Literature p. xi. da natureza que a coidan e axudan a menter o seu equilibrio. O seu nome en latín significa destino, xa que as fadas son unha transposición das moiras gregas, unhas criaturas que aparecen o terceiro día do nacemento dun neno para predicir o seu futuro.
Dende o romanticismo, son representadas como mozas ou nenas con ás. Moitas veces aparecen nos contos populares, e sempre de pequeno tamaño,Briggs (1976) p. 98. de gran beleza e cun moi bo corazón. Porén, na Idade Media eran representadas como un espírito protector, ou, moitas veces, malicioso e para protexerse delas, a xente usaba un amuleto de ferro negro. Na era vitoriana e eduardiana medra o interese polas fadas. O rexurdimento celta considéraas como parte da herdanza cultural irlandesa. Carole Silvers e outros suxiren que a fascinación polas fadas xorde como unha reacción á industrialización e a perda da cultura popular.Silver, Carole B. (1999) Strange and Secret Peoples: Fairies and Victorian Consciousness. Oxford University Press. p. 47 .
No folclore tradicional galego os bosques do Macizo Galaico están habitados por fadas, ademais de elfos, pantasmas, a Santa Compaña, o Nubeiro e meigas.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Avalon Bibliografía D. L. Ashliman, Fairy Lore: A Handbook (Greenwood, 2006) Brian Froud e Alan Lee, Faeries, (Peacock Press/Bantam, Nova York, 1978) Ronan Coghlan Handbook of Fairies (Capall Bann, 2002) Lizanne Henderson e Edward J. Cowan, Scottish Fairy Belief: A History (Edinburgh, 2001; 2007) C. S. Lewis, The Discarded Image: An Introduction to Medieval and Renaissance Literature (1964)
Categoría:Mitoloxía