Adriano López Morillo, nado en Ferrol en 1837 e finado na Coruña o 30 de xaneiro de 1913,El Correo de Galicia, p. 2, 31/1/1913 .El Siglo Futuro, p. 2, 31/1/1913 . foi un militar galego, membro numerario da Real Academia Galega.

Traxectoria Descendente de Pablo Morillo, foi fillo de Francisco López e María Manuela Morillo. En 1859 casou con Dolores Pardo de Lama y Pardo de Andrade.

Destinárono a Cuba e combateu na República Dominicana de 1865 a 1867, onde foi ferido de bala e feito prisioneiro durante vinte e un meses. Loitou contra os carlistas no País Vasco (1870-1871), na liberación do arsenal de Ferrol que caera en mans dos republicanos en 1872, o que lle valeu ascender a comandante, e pelexou contra os carlistas en Tarragona. En 1890 acadou o emprego de tenente coronel e en 1892 o de coronel, desempeñando durante dez anos o mando do rexemento de reserva da Coruña, onde finou co rango de xeneral de brigada.

Dirixiu El Tribuno e La Crónica de Luarca. Colaborou en El Correo Militar, onde publicou artigos en contra do servizo militar obrigatorio.

Ingresou na RAG o 17 de novembro de 1910 a proposta de Jaime Ozores de Prado, Francisco Tettamancy e Andrés Martínez Salazar, en sesión celebrada en Vigo, co discurso Un documento histórico poco conocido, respondido por Wenceslao Requejo Pérez, que fai referencia ao comportamento pouco favorable para Galicia de John Moore na Guerra de independencia contra os franceses. No momento do seu pasamento estaba a rematar a Historia de la guerra de Santo Domingo, inédita ata 1983.

Obra Un documento histórico poco conocido (discurso de ingreso na RAG, 1910) "Sobre la desaparición de dos escuadrones del tren de artillería del ejército francés" (Boletín da Real Academia Galega, 1910)

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas (en castelán).

Categoría:Militares de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Nados en 1837 Categoría:Finados en 1913 Categoría:Membros de número da Real Academia Galega Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público Categoría:Artigos creados co asistente para a creación de artigos