Linda Anne Chapman, nada en Liverpool o 15 de xaneiro de 1969, é unha escritora inglesa, principalmente de series para o público infantil.
Traxectoria É coñecida especialmente polas súas obras de fantasía sobre unicornios, sereas e maxia. Usou os pseudónimos de Amber Castle para a serie de Spell Sisters e o de Alex Cliff para a serie SuperpowersLinda Chapman at Fantastic Fiction. Tamén escribiu nas series de libros publicadas cos nomes de Lucy Daniels, Jenny Dale (Puppy Patrol), Katie Chase (Little Princesses), Daisy Meadows (Rainbow Magic), e Lauren Brooke, xa fose como parte dun pseudónimo colectivo ou como escritor pantasma.
Vive en Leicestershire co seu marido e os seus tres fillos.
Obra Novelas Bright Lights (2003) Centre Stage (2004, secuela de Bright Lights The Last Phoenix (2010, con Steve Cole)
Series My Secret Unicorn Stardust Not Quite a Mermaid Unicorn School Genie (con Steve Cole) Sky Horses Skating School Loving Spirit Sophie and the Shadow Woods (con Lee Weatherly)
Como Alex Cliff Superpowers
Como Daisy Meadows (con Sue Bentley, Narinder Dhami, e Sue Mongredien)
Rainbow Magic
Como Lauren Brooke Heartland Chestnut Hill
Como Lucy Daniels Animal Ark The Horseshoe Trilogies
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Linda Chapman's Circle of Secrets and Magic
Categoría:Nados en 1969 Categoría:Nados en Liverpool Categoría:Escritores de Inglaterra Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Escritores de literatura infantil de Inglaterra