Seaxburh (inglés antigo: Sexburh), tamén coñecida como Santa Sexburga de Ely, finada en 699, foi a raíña do rei Eorcemberht de Kent, tamén foi unha abadesa e unha santa da Igrexa católica.
As irmás da raíña Seaxburh foron: Aethelburg de Faremoutiers, Saethryth, Aethelthryth e posibelmente Withburh. O seu matrimonio co rei Eorcemberht deu como resultado dous fillos varóns e dúas fillas; ambos asumiron o cargo de reis. Despois da morte do seu esposo en 664, Seaxburh quedou no reino de Kent para coidar aos seus fillos e traballou como rexente ata que o seu fillo máis vello Ecgberht I de Kent tivo idade para gobernar.
Seaxburh fundou as abadías de Milton Regis e Minster-in-Sheppey, onde a súa filla Ermenilda tamén foi monxa. Mudouse ao mosteiro de Ely onde a súa irmá Aethelthryth era a abadesa, despois da morte da súa irmá no ano 679, Seaxburh converteuse na súa sucesora. Segundo Beda, no ano 695, despois de que o corpo da súa irmá estivo dezaseis anos nunha fosa común, fixo que o trasladasen a un sarcófago de mármore. No momento no que abriron a fosa, descubriron que o corpo de Aethelthryth estaba totalmente intacto, coma se acabase de morrer. A lenda de Aethelthryth atópase na Historia ecclesiastica gentis Anglorum, a cal celebra a santidade e as virtudes de Aethelthryth, pero de Seaxburh só fala do seu matrimonio, do feito de que sucedeu á súa irmá como abadesa e do traslado das reliquias da súa irmá.
A data exacta da morte de Seaxburh non é coñecida exactamente, pero a súa vida aparece recompilada despois de 1106 na Vita Sexburge, onde se describe a maior parte da súa vida, pero sobre todo a súa vida como monxa.
Traxectoria Familia O pai de Seaxburh foi Anna, rei de Anglia Oriental, fillo de Eni, quen gobernou o reino de Anglia Oriental desde o ano 640 e morreu, xunto co seu fillo Jurmin, durante a batalla de Bulcamp no ano 653 ou 654Earle, Two of the Saxon Chronicles Parallel, p. 27.. As súas irmás foron Æthelburg e Saethryth, ambas abadesas da abadía de Faremoutiers en Brie, de feito Aethelthryth tiña outra irmá chamada Withburh, esta casou por primeira vez con Tonberht, un ealdorman dos Gyrwe meridionais nos Fens e por segunda vez con Ecgfrith de Northumbria. Withburh, finada en 743, foi se cadra tamén irmá súaFryde et al, British Chronology, p. 8..
Seaxburh casou con Eorcemberht de Kent e tivo como fillos aos reis Ecgberht I de Kent (finado en 673) e Hlothhere de Kent (finada en 685) e a dúas fillas Eormenhild e Eorcengota. Seaxburh ao morrer foi enterrada en Ely, xunto coas súas irmás Aethelthryth, Wihtburh e a súa filla Eormenhild.
Matrimonio e viuvez miniatura|314x314px|Mapa dos reinos anglosaxóns no século VII A familia de Seaxburh uniuse coa familia real de Magonsaete mediante o seu matrimonio con Eorcemberht, o cal foi rei de Kent do 640 ao 664. Eorcemberht era o tío avó de Milburh e da súa irmá, Merewalh de MagonsætanSims-Williams, Religion and Literature, p. 101..
Os seus fillos Ecgberht e Hlothhere convertéronse nun momento dado en reis de Kent. A súa filla Eorcengota converteuse en monxa en Faremoutiers e despois foi canonizadaFryde et al, British Chronology, p. 13.. Eorcemberht é mencionado na Crónica anglosaxoa durante o ano 640: Na mesma pasaxe está a única referencia das Crónicas a Seaxburh e á súa filla Eorcengota, Seaxburh e Eorcenberht tiveron unha segunda filla chamada Eormenhild, quen casou con Wulfhere de Mercia; despois da morte do seu esposo volveuse monxa para máis tarde ser canonizada. De acordo con Barbara Yorke, o matrimonio de Seaxburh co rei foi de suma importancia, non só pola unión de familias, senón porque estableceu as bases para a vida monástica feminina durante o período anglosaxón, xa que converteu o feito dunha exraíña retirarse a un mosteiro nun exemplo do desexábel que é a vida monástica para as mulleres da clase altaYorke, Nunneries, p. 27..
Eorcenberht morreu o 14 de xullo no 664, debido a unha praga que apareceu ese ano. Despois da morte do seu esposo Seaxburh quedou en Kent para educar aos seus fillos. A súa presenza no reino provocou unha grande influencia en cuestións políticas e relixiosas: exerceu como rexente mentres o seu fillo máis vello tiña a idade para ser coroado como rei e foi a fundadora da primeira abadía en Kent para mulleres en Milton. Tempo despois Seaxburh fíxose monxa e fundou a abadía do Minster-on-SeaVer Dockray-Miller, pp. 13-14, para o texto de Lambeth Palace MS 427 en inglés antigo e moderno, que dá conta da construción do mosteiro de Sheppey, e fai alusión ao emprego de man de obra escrava por parte de Seaxburh: 'Entón próugolle á santa raíña Seaxburh que alí se construíse para o pracer e a honra súa construír e establecer un mosteiro, de modo que antes os homes dicían que durante trinta anos non se detivo o son dos chirriantes carros nin dos queixosos escravos...' (Dockray-Miller, Motherhood and Mothering in Anglo-Saxon England, pp. 13-14.. De acordo co Libro de Ely, unha crónica escrita en Ely no século XII, a Seaxburh foille outorgado o veo da santidade por Teodoro, arcebispo de Canterbury. Segundo a haxiografía de Seaxburh refuxiouse no mosteiro como monxa despois de ter un posto secular que non puido tolerar.
Para unha árbore xenealóxica dos devanceiros de Seaxburh, ver Wuffingas. Tras a morte do seu esposo Seaxburh opúxose terminantemente a casar de novo, así que dedicou a súa vida á igrexaBeda, Historia Ecclesiastica, iv, 1.Yorke, Nunneries, p. 26.Fairweather, Liber Eliensis, p. 69.Ridyard, Royal Saints, p. 90..
Vida relixiosa en Ely esquerda|miniatura|Unha ventá de vidreira representa a santa Seaxburh no refectorio da Catedral de Chester. Pouco despois Seaxburh mudouse ao mosteiro dobre de Ely, onde a súa irmá Æthelthryth era abadesa. A historiadora Barbara Yorke mencionou que cabía a posibilidade de que Seaxburh e Seaxburh de Wessex fosen a mesma persoa, pero tamén di acontecementos relixiosos aos que deu pé Seaxburh, polo que a suposición foi descartadaYorke, Nunneries, p. 43..
De acordo con Yorke, a decisión de Seaxburh de non buscar a outro esposo e volverse monxa volveuse unha tradición anglosaxoa en Ely para todas as mulleres viúvasYorke, Nunneries, p. 31.. Seaxburh era descrita no Libro de Ely como unha "pretiosa virago", ou preciosa guerreira, tivo un grande éxito como abadesa cando a súa irmá morreu pola praga do 679Fairweather, Liber Eliensis, p. 376.Williams et al, Dark Age Britain, p. 30.. Probabelmente a súa experiencia política axudouna para lograr tantos avances durante o seu mandato no mosteiroDockray-Miller, Motherhood and Mothering in Anglo-Saxon England, p. 13..
No ano 695, Seaxburh decidiu trasladar o corpo da súa irmá Æthelthryth dunha fosa común a un sarcófago en Ely, despois de 16 anos da súa morteRidyard, Royal Saints, p. 53.. O Libro de Ely describe este evento con detalle: Cando a súa tumba foi aberta, o corpo de Æthelthryth foi descuberto sen danos e o seu cadaleito e roupa tiñan poderes milagrososFairweather, Liber Eliensis, pp. 56-61.. O seu sarcófago foi feito de mármore branco e axustárono á súa medida. Seaxburh supervisou a preparación do corpo da súa irmá, o cal foi aseado e vestido con nova roupaRidyard, The Royal Saints, p. 179..
Morte e veneración A data exacta da morte de Seaxburh non é coñecida, pero de acordo co Libro de Ely, cando faleceu, Richard Bishop escribiu as memorias de Seaxburh e de todas as mulleres santas da épocaFairweather, Liber Eliensis, p. 278..
Seaxburh é mencionada nunha relación escrita dos máis antigos reis cristiáns de Kent e os seus familiares canonizados chamado Kentish Royal Legend (inglés antigo: Þá hálgan). Sendo raíña e á parte unha monxa canonizada, Seaxburh foi sumamente notábel na súa época e nesa obraStafford, Queen Emma and Queen Edith, pp. 168-169..
Na Catholic Encyclopedia de 1913 aparece unha lista dos feitos e das mortes de varios santos e os seus milagres, de igual maneira todas as accións e as reliquias de Sexburh foron recompiladas despois de 1106. O libro Vita Sexburge describe a infancia de Seaxburh, o seu matrimonio con Eorcenberht e os seus últimos anos como monxa e abadesa en ElyRidyard, Royal Saints, pp. 57-58..
Notas
Véxase tamén
Bibliografía ; Bertram Colgrave; R. A. B. Mynors (2008). : Ecclesiastical History of the English People. Cambridge: Clarendon Press. , Alban (1998) [1756-9]. Burns, Paul, ed. Butler's Lives of the Saints: February. Tunbridge Wells: Burns & Oates. Crook, John (2000). Oxford, Nova York: * Dockray-Miller, Mary (2000). Nova York: St. Martin's Press. Earle, John (1865). (en old English). Oxford: Clarendon Press. Fairweather, Janet (2005). Liber Eliensis: a History of the Isle of Ely from the Seventh Century to the Twelfth. Woodbridge: Boydell Press. ISBN 1-84383-015-9. Fryde, E. B.; Greenway, D. E.; Porter, S.; Roy, I. (1986). Handbook of British Chronology (3rd edición). Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 0-521-56350-X. Goscelin of Saint-Bertin (2004) [11th century]. Love, Rosalind C., ed. Goscelin of Saint-Bertin: the Hagiography of the Female Saints of Ely. Oxford, Nova York: Oxford University Press. ISBN 0-19-820815-4. Ridyard, Susan Janet (1988). The Royal Saints of Anglo-Saxon England: a Study of West Saxon and East Anglian Cults. Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 0-521-30772-4. Sims-Williams, Patrick (1990). Religion and Literature in Western England, 600-800. Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 0-521-38325-0. Stafford, Pauline (2001). Queen Emma and Queen Edith: Queenship and Women's Power in Eleventh-Century England. Oxford, Malden: Blackwell. ISBN 0-631-22738-5. Williams, Ann; Smyth, Alfred P.; Kirby, D. P. (1991). A biographical dictionary of dark age Britain: England, Scotland, and Wales, c.500-c.1050. Londres: B A Seaby Ltd. ISBN 1-85264-047-2. Yorke, Barbara (2003). Nunneries and the Anglo-Saxon Royal Houses. Londres, Nova York: Continuum. ISBN 0-8264-6040-2.
Ligazóns externas Abbey Church of The Blessed Virgin Mary and Saint Sexburgha Páxina de Alaric Hall, A Life of Saint Mildrith, que contén a versión en inglés antigo da lenda de Mildrith coñecida como Þá hálgan, ou a Kentish Royal Legend. Unha páxina sobre a pintura parietal medieval no sitio da English Parish Church mostra dúas pinturas do século XIII en Willingham, Cambridgeshire, de Æthelthryth e un santo descoñecido, sobre o que se sospeita se sería unha imaxe de Seaxburh.
Categoría:Raíñas consortes de Inglaterra Categoría:Nados no século VII Categoría:Finados en 699