STS-123 foi unha misión do transbordador espacial Endeavour lanzada o 11 de marzo de 2008 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.

Características STS-123, con sete astronautas a bordo (seis americanos e un xaponés), foi unha misión de construción e aprovisionamento da Estación Espacial Internacional. A tripulación estaba formada polo comandante Dominic Gorie, o piloto Gregory H. Johnson e os especialistas de misión Robert L. Behnken, Mike Foreman, Takao Doi e Rick Linnehan.

O Endeavour acoplouse ao porto PMA-2 da estación ás 3:49 GMT do 13 de marzo levando a bordo o módulo laboratorio xaponés Kibo e o brazo robótico canadense Dextre, que quedaron instalados tras cinco paseos espaciais.

O transbordador volveu a terra en Cabo Cañaveral o 27 de marzo de 2008.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Transbordador espacial Transbordador espacial Endeavour

Categoría:Programa STS