STS-119 foi unha misión do transbordador espacial Discovery lanzada o 15 de marzo de 2009 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.

Características STS-119, con sete astronautas a bordo (seis americanos e un xaponés, foi unha misión de construción e aprovisionamento da Estación Espacial Internacional. A tripulación estaba formada polo comandante Lee Archambault, o piloto Tony Antonelli e os especialistas de misión Joseph Acaba, John Phillips, Steve Swanson, Richard Arnold e Koichi Wakata.

Durante a misión instalouse unha viga adicional (a S6) á estación e un xogo de paneis solares. En total fixéronse tres paseos espaciais. O transbordador volveu a terra en Cabo Cañaveral o 28 de marzo de 2009.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Transbordador espacial Transbordador espacial Discovery

Categoría:Programa STS