STS-118 foi unha misión do transbordador espacial Endeavour lanzada o 8 de agosto de 2007 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.
Características STS-118, con sete astronautas a bordo, foi unha misión de aprovisionamento da Estación Espacial Internacional. A tripulación estaba formada polo comandante Scott Kelly, o piloto Charlie Hobaugh e os especialistas de misión Alvin Drew, Barbara R. Morgan, Tracy Caldwell, Rick Mastracchio e Dafydd Williams.
O transbordador acoplouse á estación ás 18:02 GMT do 10 de agosto no porto PMA-2. Durante a misión colocouse a viga S5 na estación e descargáronse varias toneladas de víveres e material que ían a bordo do transbordador. En total fixéronse catro paseos espaciais. O Endeavour desacoplouse da estación ás 11:56 GMT do 19 de agosto e volveu a terra en Cabo Cañaveral o 21 de agosto de 2007.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Transbordador espacial Transbordador espacial Endeavour
Categoría:Programa STS