Mulleres namoradas (en ) é un filme dramático británico de 1969 dirixido por Ken Russell e con guión de Larry Kramer, adaptado da novela Women in Love, de D.H. Lawrence.

Emitiuse en galego o 19 de agosto de 2000 a través da TVG.Programación

Argumento Na Inglaterra da década de 1920, desenvólvense de forma complexa dous casos amorosos. Durante unha confraternización ao ar libre, os amigos Gerald Crich (Oliver Reed), e Rupert Birkin (Alan Bates) namóranse de dúas mulleres con pensamentos diferentes sobre o amor e o sexo: as irmás Gudrun Brangwen (Glenda Jackson) e Ursula Brangwen (Jennie Linden). No entanto, vaise descubrindo que a amizade entre Gerald e Rupert pode ser máis ca iso.

O filme retrata a esencia entre o amor e o sexo nunha Inglaterra conservadora.

Elenco Intérprete Personaxe Glenda Jackson Gudrun Brangwen Oliver Reed Gerald Crich Alan Bates Rupert Birkin Jennie Linden Ursula Brangwen Alan Webb Thomas Crich Eleanor Bron Hermione Roddice Vladek Sheybal Loerke Catherine Willmer Sra. Crich Phoebe Nicholls Winifred Crich Sharon Gurney Laura Crich Michael Gough Tom Brangwen Christopher Gable Tibby Lupton Norma Shebbeare Sra. Brangwen Nike Arrighi Condesa Michael Graham Cox Palmer Richard Fitzgerald Salsie

Premios Premios Oscar: Oscar á mellor actriz para Glenda Jackson. Candidato ao mellor director, mellor guión adaptado e mellor fotografía. Premios Globo de Ouro: Mellor filme estranxeiro. Círculo dos Críticos de Cinema de Nova York: Mellor actriz (Glenda Jackson). Premios da BAFTA: Candidato ao mellor filme, mellor director, mellor banda sonora, mellor actor (Alan Bates), mellor actriz (Glenda Jackson), mellor revelación (Jennie Linden), mellor guión, mellor vestiario e mellor fotografía.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Powell, Dilys (1989) The Golden Screen. Londres: Pavilion; pp 244–45 Taylor, John Russell (1969) Crítica en The Times 13 de novembro de 1969 Ligazóns externas Women in Love en Virtual History

Categoría:Filmes de 1969 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes rodados en Suíza Categoría:Filmes de United Artists Categoría:Filmes sobre temática LGBT do Reino Unido Categoría:Filmes baseados en obras de escritores de Inglaterra Categoría:Filmes sobre irmáns Categoría:Filmes sobre o matrimonio Categoría:Filmes de 1969 con versión en galego