Alien Nación (en ) é un filme estadounidense de ciencia ficción dirixido por Graham Baker que se estreou en 1988. Está protagonizado por James Caan, Mandy Patinkin e Terence Stamp. O filme conta o proceso de asimilación dos "Newcomers", unha raza alieníxena que se asenta nos Ánxeles, malia o rexeitamento da poboación local. O argumento baséase nos xéneros neo-noir e policial, centrándose na unión entre un veterano policía detective (Caan) e un extraterrestre (Patinkin); o primeiro detective Newcomer.
Estreouse en galego o 15 de decembro de 2001 a través da TVG.
Personaxes James Caan como Matthew "Matt" Sykes Mandy Patinkin como Sam "George" Francisco Terence Stamp como William Harcourt Kevyn Major Howard como Rudyard Kipling Leslie Bevis como Cassandra Peter Jason como Fedorchuk Tony Perez como Alterez Jeff Kober como Joshua Strader Keone Young como Winter Brian Thompson como Trent Porter Francis X. McCarthy como Capitán Warner Roger Aaron Brown como Bill Tuggle Regis Parton como Cecil Porter Earl Boen como Duncan Crais Lawrence Kopp como Policía humano #1
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha en RottenTomatoes Ficha en BoxOfficeMojo
Categoría:Filmes de 1988 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Graham Baker Categoría:Filmes sobre racismo Categoría:Filmes de acción e ciencia ficción dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes ambientados no futuro Categoría:Filmes ambientados en 1991 Categoría:Filmes rodados nos Ánxeles Categoría:Filmes de 20th Century Fox Categoría:Filmes de 1988 con versión en galego