250px|miniatura|De esquerda a dereita, os tres volumes dun típico coche tricorpo: motor (verde), habitáculo (vermello) e maleteiro (azul).

O tricorpo ou tres volumes (en inglés: Three-box styling) é un estilo de carrozaría de automóbil cuxos tres volumes están claramente definidos: o do motor, o do habitáculo e o do maleteiro. Practicamente tódolos automóbiles con carrozaría sedán teñen unha silueta así, e boa parte dos cupés tamén a teñen. Nalgunhas rexións, aos cupés tricorpo denomínaselles «sedán de dúas portas» en lugar de cupé. Aos cabriolés tamén se lles pode asociar co concepto de tricorpo.American Cars of the '50s. Mike Mueller (2003). Crestline Imprints. ISBN 0-7603-1712-7.

O habitáculo e o maleteiro dun coche tricorpo fican claramente demarcados cando o vidro traseiro é moi vertical e forma ángulos pechados nas unións co teito e a cola (polo xeral a tapa do maleteiro). Esa característica pode danar a aerodinámica do coche, cando a corrente de ar que flúe por riba do teito xera turbulencias logo da caída abrupta. Por esa razón, os vidros traseiros dos tricorpos volvéronse cada vez menos verticais, e a unión co teito e a tampa do maleteiro volvéronse cada vez máis redondeadas.

Os estilos tricorpo son moi variábeis; o Renault Dauphine dos 50 é un tres volumes que leva o seu motor na parte traseira e a súa carga na parte dianteira.

Notas

Categoría:Carrozarías