Andrés Manuel Díaz Díaz,Medallas de Galicia 1999 nado na Coruña o 12 de xullo de 1969 é un ex-atleta galego. Participou en dous Xogos Olímpicos (Atlanta 1996 e Sydney 2000) e gañou a medalla de bronce en 1500 metros no Campionato Mundial en Pista Cuberta de 1999. A súa mellor marca ao aire libre é 3:31.48 minutos, pero destacou máis en interiores, e o seu tempo de 3:33.32 minutos mantívose como o récord de Europa en pista cuberta durante 22 anos.

Traxectoria A súa primeira aparición internacional foi en 1995, cando alcanzou as semifinais do Campionato do Mundo en Pista Cuberta e correu as series do Campionato do Mundo de Atletismo. Gañou a medalla de prata na Universíada de verán de 1995.Summer Universiade (Men). GBR Athletics. Retrieved on 2011-05-08. O seu debut nos xogos olímpicos foi en 1996, aínda que foi eliminado na primeira rolda dos 800 m. Nos Campionatos de Europa en Pista Cuberta de 1996 chegou en cuarto lugar.Díaz Andrés Manuel. IAAF. Consultado o 8 de maio de 2011.

A partir de 1997 centrouse nos 1500 metros, rebaixando en máis de seis segundos a súa marca persoal do ano. Chegou á final dos 1500 m nos Campionatos do Mundo en Pista Cuberta de 1997, rematando en quinta posición. A sorpresa chegou en febreiro de 1999 co récord de Europa de 1500 m en pista cuberta nunha proba no Pireo, superando nun segundo a marca de Peter Elliott con 3:33.32 minutos.Nikitaridis, Michalis (1999-02-25). New European record for Andres Diaz in Athinai 99 International Meeting. IAAF. Retrieved on 2011-05-08. O seu récord mantívose vixente durante 22 anos, ata que foi superado polo noruegués Jakob Ingebrigtsen en 2021.

Volveu facer outra carreira rápida nos campionatos en pista cuberta de 1999 o seguinte mes, mais foi vencido por Haile Gebrselassie e Laban Rotich, conseguindo a medalla de bronce.Gordon, Ed (1999-03-07). Double golds for Szabo and Gebrselassie and 2 world record relays in Maebashi . IAAF. Retrieved on 2011-05-08. Nos Campionatos do Mundo de Sevilla en 1999 participou na final dos 1500 m xunto con Reyes Estévez e Fermín Cacho. Na carreira máis rápida na historia da competición logrou a súa mellor marca persoal, 3:31.83 minutos, mais quedou quinto e foi superado polos seus compatriotas.Men 1500m Final . IAAF. Retrieved on 2011-05-08.

Na súa segunda participación nos xogos olímpicos, en 2000 rematou sétimo nos 1500 m. Tralos xogos, conseguiu a súa mellor marca na proba no Herculis de Mónaco, con 3:31.48 minutos. Entre 2001 e 2003, comezou a correr os 3000 metros e gañou un título nacional e unha medalla de prata na Copa de Europa de 2001.European Cup. GBR Athletics. Retrieved on 2011-05-08. A súa última participación en probas internacionais foi no Campionato do Mundo de 2001, mais non chegou á final.2001 World Championships - Men's 1500 metres results . IAAF. Retrieved on 2011-05-08. Retirouse en 2003.

Honras En 1999 recibiu a Medalla de Bronce de Galicia.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Andrés Díaz celebra los quince años de vigencia de su récord de Europa Andrés Díaz: «Fui atleta 24 horas al día» La Voz de Galicia Vida atlética en Galicia: Andrés Díaz

Categoría:Atletas de Galicia Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1969 Categoría:Medalla de Bronce de Galicia