miniatura|Edificio racionalista da década de 1950 na Coruña deseñado polo estudo de Santiago Rey Pedreira. miniatura|Casa Farnsworth (1946), deseñada por Ludwig Mies van der Rohe, en Illinois, Estados UnidosO racionalismo, arquitectura racionalista ou racionalismo arquitectónico, tamén chamado estilo internacional, foi unha das principais tendencias arquitectónicas na arquitectura moderna dos anos vinte e trinta do século XX, dentro do que se coñece como movemento moderno. De orixe europea, estendeuse a todos os continentes e caracterizouse pola concepción funcional do edificio e o rexeitamento de elementos puramente decorativos.

En lingua inglesa, o termo análogo rationalism aplícase principalmente ao racionalismo italiano, desenvolvido tras o futurismo, mentres que a arquitectura racionalista en xeral adoita agruparse baixo as denominacións International Style ou Modern Movement.

Terminoloxía e desambiguación Diversidade de termos Os termos «racionalismo» e «estilo internacional» son sinónimos en galego, pero non teñen unha denominación homoxénea en todos os países e linguas, nin se empregan en igual medida.

En castelán úsase con máis frecuencia o termo racionalismo, pero no mundo anglosaxón ese termo adoita limitarse ao ámbito italiano, ao chamado racionalismo italiano.

En moitos países úsase máis o termo «estilo internacional» que ten orixe na exposición organizada por Henry-Russell Hitchcock e Philip Johnson no MoMA de Nova York en 1932 e no libro publicado por ambos The International Style: Architecture Since 1922.

Un termo sinónimo é Modern Movement, do libro Pioneers of Modern Movement from William Morris to Walter Gropius (1936), de Pevsner. Con todo, este último termo en inglés ten un significado máis amplo e incluiría, ademais, os movementos de vangarda das primeiras décadas do século XX, como o expresionismo, cubismo, futurismo, neoplasticismo e construtivismo, ás veces considerados xenericamente como "prerracionalismo" ou "protorracionalismo". miniatura|Casa deseñada por Le Corbusier para a urbanización Weissenhofsiedlung (1927), Stuttgart, Alemaña.

Arquitectura italiana: racionalismo, futurismo e arquitectura fascista miniatura|Palazzo della civiltà del lavoro da EUR, en Roma, exemplo da mudanza da arquitectura en Italia pasando do racionalismo ao monumentalismo historicista favoracido polo réxime fascista. O racionalismo arquitectónico italiano desenvolveuse principalmente na década de 1920. Tivo relación coa arquitectura fascista, pero non foi un estilo exclusivamente fascista. O racionalismo en Italia desenvolveuse como unha corrente dentro do movemento moderno, influenciado polo estilo internacional, o construtivismo soviético e a Bauhaus, con arquitectos como os membros do Gruppo 7, Giuseppe Terragni ou Adalberto Libera promotor de MIAR (Movimento Italiano per la Architectura Racionale). O fascismo de Benito Mussolini apoiou inicialmente o racionalismo porque representaba unha imaxe moderna de Italia. O Palazzo della Civiltà Italiana en Roma ou a Casa del Fascio en Como son exemplos dese racionalismo.

A partir dos anos 30, o réxime fascista preferiu un estilo máis monumental e neoclásico, buscando referencias á arquitectura da Roma Imperial. Ese estilo foi promovido por arquitectos como Marcello Piacentini, que mesturou racionalismo cun estilo historicista. Moitos arquitectos racionalistas desenvolveron a súa obra á marxe da ideoloxía do réxime, e o racionalismo tamén tivo presenza noutros Estados sen relación co fascismo (nese sentido "racionalismo" é sinónimo, tamén en Italia, de "estilo internacional").

É dicir, o racionalismo arquitectónico italiano foi parcialmente adoptado polo fascismo pero a arquitectura fascista mudou cara a un estilo monumental e neoclasicista. O réxime de Mussolini buscaba unha arquitectura "nacional" e inicialmente o racionalismo italiano encaixaba nesta visión porque representaba unha Italia moderna, funcional e innovadora, pero axiña deu paso a un monumentalismo simbólico e propagandístico, co obxectivo de crear unha arquitectura "auténticamente italiana" que expresase a continuidade entre a antiga Roma e o novo Imperio Fascista. Exemplos deste cambio son os edificios da EUR (Esposizione Universale di Roma). miniatura|Edificios con ascensores externos na 'città nuova', deseño de urbanismo futurista de Antonio Sant'Elia.

Racionalismo e futurismo Na década de 1910 a arquitectura futurista (dito así mesmo en lingua italiana e futurism en inglés) foi precursora do racionalismo italiano. Porén, o termo futurist architecture úsase ás veces de maneira imprecisa para describir edificios de arquitectos como Oscar Niemeyer ou Eero Saarinen, a pesar de que non forman parte do futurismo orixinal, senón do movemento moderno e doutros estilos posteriores. Outros estilos posteriores víronse influenciados por el, como o do grupo Archigram e os neofuturistas. A tendencia a etiquetar de maneira laxa calquera arquitectura innovadora como "futurista" contribúe á confusión terminolóxica. Esta confusión débese en parte á asociación visual con formas dinámicas e ao uso da palabra futurism para referirse a calquera arquitectura innovadora ou tecnolóxica, sen distinguir o movemento histórico do futurismo italiano liderado por Antonio Sant’Elia.

Funcionalismo e racionalismo Os termos "racionalismo arquitectónico" e "funcionalismo" adoitan usarse de xeito similar ou complementario, especialmente no contexto do movemento moderno. Arquitectos importantes como Le Corbusier ou Ludwig Mies van der Rohe poden clasificarse tanto dentro do racionalismo como do funcionalismo, dependendo do aspecto que máis se enfatice da súa obra. Porén, aínda que ambos conceptos están ligados, non son exactamente idénticos. O funcionalismo céntrase fundamentalmente na subordinación da forma á función e na eliminación da ornamentación innecesaria, mentres que o racionalismo arquitectónico pon maior énfase na lóxica, a proporción, as formas xeométricas puras e a racionalización visual do espazo mediante principios matemáticos ou estruturais. FuncionalismoRacionalismo / Estilo internacionalEnfoqueA forma está determinada pola función.A arquitectura debe basearse na razón, a lóxica e a xeometría.Principios principaisFuncionalidade, eficiencia, ausencia de ornamento.Proporción, orde modular, racionalización dos espazos.Relación coa estéticaA estética é secundaria e deriva da función.A estética pode basearse na xeometría e na estrutura.Exemplos Bauhaus, Le Corbusier, urbanismo funcionalista.Racionalismo italiano, Mies van der Rohe, Terragni.

Características esquerda|miniatura|300x300px|Café L'Aubette (1928-1929), de Theo van Doesburg, Hans Arp e Sophie Taeuber-Arp en Estrasburgo, Francia Esta corrente buscaba unha arquitectura baseada na razón, de liñas sinxelas e funcionais, baseada en formas xeométricas sinxelas e materiais de carácter industrial (aceiro, formigón, vidro), á vez que renunciaba á excesiva ornamentación e daba grande importancia ao deseño, que era igualmente sinxelo e funcional. A arquitectura racionalista tivo unha estreita relación cos avances tecnolóxicos e a produción industrial, sobre todo pola firme defensa desa relación propugnada por Walter Gropius desde a fundación da Bauhaus en 1919. Tamén defendeu o uso de elementos prefabricados e módulos desmontables. A súa linguaxe formal baseábase nunha xeometría de liñas sinxelas, como o cubo, o cono, o cilindro e a esfera, e defendía o uso dunha planta e fachada libres e a proxección do edificio de dentro para fóra. Unha das súas principais premisas foi o funcionalismo, unha teoría que postulaba a subordinación da linguaxe arquitectónica á súa función.

Como indica o seu nome “Movemento Moderno”, foi un estilo comprometido cos valores da modernidade, paralelo ás chamadas “vangardas artísticas” que se estaban desenvolvendo naquel momento nas artes plásticas. Foi un movemento preocupado por mellorar a sociedade, por incidir na mellora da vida das persoas, a través dunha linguaxe innovadora que supuxo a ruptura coa tradición na procura dunha nova forma de construír, dunha nova forma de interpretar a relación do ser humano co seu medio buscar novas solucións que solucionen o problema do aumento da poboación nas grandes cidades. Para iso, utilizou non só achegas teóricas, novas formas de concibir espazos e empregar o deseño como ferramenta para combinar funcionalidade e estética, senón tamén os avances técnicos e industriais, o uso de novas técnicas e novos materiais.

Ademais da arquitectura, este movemento interesouse polo urbanismo e polo deseño. Tamén promoveu a teoría arquitectónica e a organización de congresos e xornadas para a difusión do novo movemento, que se materializou na constitución en 1928 do Congreso Internacional de Arquitectura Moderna (CIAM), así como o seu órgano executivo, o Comité Internacional para a Resolución dos Problemas da Arquitectura Contemporánea (CIRPAC). Críticas Aínda que segundo certa terminoloxía se inscribe o organicismo arquitectónico e en xeral toda a arquitectura de Frank Lloyd Wright dentro do movemento moderno, en 1930 Wright escribiu: "As casas humanas non deberían ser como caixas ardendo ao sol, nin debemos desafiar a Máquina, intentando facer que as casas sexan demasiado subsidiarias de Machinery".

En 1966, o arquitecto Robert Venturi publicou o libro Complexity and Contradiction in Architecture, esencialmente un libro crítica ao estilo internacional.

O autor estadounidense Tom Wolfe escribiu unha obra de crítica en 1981, From Bauhaus to our House (literalmente en galego "Da Bauhaus á nosa casa", traducido en portugués como Da Bauhaus ao nosso caos), retratando o estilo como elitista.

O historiador da arquitectura Vincent Scully considerou o libro de Venturi "probablemente a obra máis importante sobre o acto arquitectónico desde Vers une Architecture de Le Corbusier.

No prefacio da cuarta edición do seu libro Critical History of Modern Architecture (2007), Kenneth Frampton argumenta que existía un "perturbador nesgo eurocéntrico" nas narrativas da arquitectura moderna. Neste caso, este "eurocentrismo" incluiría os Estados Unidos.

Mark Wigley, teórico da arquitectura neozelandés, sostén que certos aspectos do movemento postmoderno da arquitectura derivado en certo modo do movemento moderno e de certos aspectos da Bauhaus, é un virus que chegou a danar o planeta coa idea sinxela do "bo deseño". Di que a pesar da súa fórmula orixinaria de talleres buscando a sinerxia entre mestres e alumnado, e de combinar e achegar a arte á artesanía, acabou por se converter, especialmente na New Bauhaus nunha maquinaria que se estendeu polo mundo como unha pandemia de ángulos rectos de vidro e aceiro:

Representantes Entre as figuras que seguiron o movemento moderno sobresaen: Walter Gropius e Ludwig Mies van der Rohe, en especial despois de ter pechado a Bauhaus, Le Corbusier, Jacobus Johannes Pieter Oud, Richard Neutra, Rudolf Schindler, Philip Johnson, Alvar Aalto, Eliel e Eero Saarinen, Erik Gunnar Asplund, Josep Lluís Sert, Louis Kahn, Pier Luigi Nervi, Gio Ponti, Kenzō Tange, Josep Lluís Sert, Lúcio Costa e Oscar Niemeyer, entre moitos outros.

Urbanismo O urbanismo tivo un gran desenvolvemento no movemento moderno, xa que o progresivo aumento da poboación urbana desde o inicio da Revolución Industrial provocou un crecente interese por buscar novas fórmulas e solucións para atender necesidades de vivenda e infraestruturas da sociedade. Se en 1800 había no mundo unhas 200 cidades con máis de 20.000 habitantes, cun total de 21,7 millóns de habitantes (o 2,4% da poboación total), en 1950 había 5.509 cidades dese tamaño, con 502,2 millóns de habitantes (o 20,9%) do total).