Miguel Roig Lestón, nado no Porto do Son o 31 de outubro de 1916 e finado en Vigo o 1 de febreiro de 1998La Voz de Galicia, 2-2-1998, p. 40., foi un mestre e político galego.
Traxectoria Fillo de Rogelio Roig Mariño e Concepción Lestón Lojo. Estudou o bacharelato no Instituto de Noia. Pertenceu á agrupación Ultreya de Noia, participou na estadía na Granxa de Salcedo entre o 20 e o 27 de marzo de 1932. Logo fixo o curso preparatorio para estudar medicina en Compostela. En 1937 incorporouse ao Exército e estivo na fronte de Asturias e despois formando parte do corpo sanitario na fronte de Teruel e nas ofensivas de Aragón e Levante. Ao rematar a guerra foi destinado a Tetuán onde acadou o grao de tenente. En 1941 deixou o exército e fíxose mestre. Exerceu primeiro en Laxe e despois en Coirós, onde foi axente de Extensión Agraria e alcalde do Concello. Despois pasou á escola de nenos de Saiáns (Vigo), e máis tarde director do Grupo Escolar de Coia.
Vida persoal Foi o 6º de sete irmáns. O seu avó paterno, Miguel Roig Poch, foi un fomentador catalán que estableceuse no Porto do Son. Casou en 1941 con Aurita Varela Bouza, irmá de Amelia, Juan e José Varela Bouza. E tivo con ela 1 fillo.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Alcaldes de Coirós Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Nados no Porto do Son Categoría:Nados en 1916 Categoría:Finados en 1998 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes