José García Fernández, coñecido como García, nado en Alacant e finado en Santiago de Compostela o 8 de febreiro de 1937, foi un mestre e político galego.
Traxectoria Na ditadura de Primo de Rivera foi mestre en Muros. Na Segunda República foi mestre da escola do barrio do Recreo de Ordes. Foi un dos dirixentes da Fronte Popular de Ordes. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e trasladado á prisión de Compostela. Acusado de traizón, foi xulgado en consello de guerra o 22 de decembro. Condenado a pena de morte, foi executado en Boisaca o 8 de decembro de 1936 con outros dez veciños de Ordes.
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Profesores de España Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Alacant Categoría:Finados en 1936 Categoría:Fusilados