Fred Vargas, pseudónimo de Frédérique Audoin-Rouzeau, nada en París o 7 de xuño de 1957, é unha escritora francesa, autora especialmente de novelas policiais.
Traxectoria Frédérique Audoin-Rouzeau, adoito escrito erroneamente como Audouin-RouzeauFamille Audoin-Rouzeau., é filla de Philippe Audoin, escritor surrealista próximo a André Breton.
Arqueozoóloga e historiadora de formación, escribiu en 2003 unha obra científica sobre a peste negra, titulada Les Chemins de la peste, le rat, la puce et l'homme.. Escolleu como pseudónimo "Vargas" en referencia á personaxe de Maria Vargas, interpretado pola actriz Ava Gardner no filme A condesa descalza. Tamén a súa irmá xemelga Joëlle, que é pintora, usa o pseudónimo de Jo Vargas. O seu irmán é o historiador Stéphane Audoin-Rouzeau, especialista na primeira guerra mundial e codirector do centro de investigación da "Historia da Grande Guerra", e de quen podemos ver trazas no personaxe de Lucien Devernois.
A súa primeira novela recibiu o premio do Festival de Cognac en 1986 e desde entón converteuse nunha das escritoras francesas contemporáeas, cunha obra policial extensa e moi vendida.
Fred Vargas apoiou nas eleccións europeas do 7 de xuño de 2009 a candidatura de Daniel Cohn-Bendit e as listas dos ecoloxistas do partido Europe Écologie. Tamén asinou un manifesto durante a campaña titulado "Nous y sommes" (Velaí estamos).Escrito de Fred Vargas en apoio a Daniel Cohn-Bendit e ás listas de Europe Écologie."El enigma Fred Vargas" no xornal El País 02/02/2008.
Vida persoal É tímida e négase a asinar autógrafos; ten afirmado que se botou a escribir por diversión e que «a novela policial deriva da literatura épica».¿Porqué no firma autografos? .Entrevista para "El País".
Obra Novelas policiais Les Jeux de l'amour et de la mort, 1986. Ceux qui vont mourir te saluent, 1994.
Serie "Os tres evanxelistas" Debout les morts, 1995. Un peu plus loin sur la droite, 1996. Sans feu ni lieu, 1997.
Serie do Comisario Adamsberg O home dos círculos azuis (L'Homme aux cercles bleus, 1991). Traducida ao galego por Antía Veres e publicada por Kalandraka en 2020.. L'Homme à l'envers, 1999. Les Quatre Fleuves, 2000, novela gráfica en colaboración co ilustrador Edmond Baudoin. Pars vite et reviens tard, 2001. Coule la Seine, 2002. O volume inclúe tres novelas breves: Salut et Liberté, La Nuit des brutes e Cinq francs pièce. Sous les vents de Neptune, 2004. Dans les bois éternels, 2006. Un lieu incertain, 2008. Le Marchand d'éponges, novela gráfica realizada a partir da novela breve Cinq francs pièce (2010), canda o ilustrador Edmond Baudoin. L'Armée furieuse, 2011. Temps glaciaires, 2015. Quand sort la recluse, 2017.
Ensaios e outros traballos Petit traité de toutes vérités sur l'existence, 2001. Critique de l'anxiété pure, 2003. La Vérité sur Cesare Battisti, 2004.
Obra científica Asinada baixo o nome real de Frédérique Audoin-Rouzeau. Ossements animaux du Moyen-Âge au monastère de la Charité-sur-Loire (1986). Hommes et animaux en Europe: corpus de données archéozoologiques et historiques (1993). Les Chemins de la peste, le rat, la puce et l'homme (2003). Un aliment sain dans un corps sain: Perspectives historiques (2007), codirixida con Françoise Sabban.
Adaptacións Cinema Pars vite et reviens tard (2007, dirixida por Régis Wargnier)
Televisión Sous les vents de Neptune (2008, dirixida por Josée Dayan) L'homme aux cercles bleus (2009, dirixida por Josée Dayan) L'homme à l'envers (2009, dirixida por Josée Dayan) Un lieu incertain (2010, dirixida por Josée Dayan)
Premios e honras Premio do "Festival de Coñac" 1986, por Les jeux de l'amour et de la mort. Premio do "Festival de St Nazaire" en 1992 por "L'homme aux cercles bleus". Premio "Polar Michel-Lebrun da Cidade de Mans" en 1995 por "Debout les morts". Premio "Mystère de la critique" en 1996 por "Debout les morts" Trofeo "813 á mellor novela" en 1997 por "Salut et liberte". "Gran Premio das lectoras de Elle" á mellor novela policial en 2002 por "Pars vite et reviens tard". "Premio das Librarías" en 2002 por "Pars vite et reviens tard". "Trofeo 813 á mellor novela francófona" en 2002 por "Pars vite et reviens tard" "Trofeo 813 á mellor novela francófona" en 2004 por "Sous les vents de Neptune". "Trofeo 813 á mellor novela francófona" en 2006 por "Dans les bois éternels". "Duncan Lawrie International Dagger" en 2007 por "Dans les bois éternels". Princesa de Asturias das Letras 2018.
Notas
Véxase tamén Biografía Guillaume Lebeau, Le Mystère Fred Vargas, éd. Gutenberg, 2009. ISBN 9782352360292
Ligazóns externzs
Biografía comentada de Fred Vargas Serie del comisario Jean-Baptiste Adamsberg
Categoría:Escritores de Francia Categoría:Novelistas de Francia Categoría:Escritores en lingua francesa Categoría:Escritores de novela negra Categoría:Arqueólogos de Francia Categoría:Nados en 1957 Categoría:Nados en París Categoría:Premios Princesa de Asturias das Letras