Xoán o Apóstolo ( ; ; koiné: Ἰωάννης; latín: Ioannes; ) foi un dos doce apóstolos de Xesús segundo o Novo Testamento, que se refire a el como Ἰωάννης. Xeralmente lístase como o apóstolo máis novo, fillo de Zebedeo e Salomé. O seu irmán era Santiago, outro dos doce apóstolos.

Aínda que a tradición cristiá afirma que sobreviviu o resto dos apóstolos e que foi o único que morreu por causas naturais sen sufrir martirio, algúns cristiáns, como a Igrexa de Xesús Cristo dos Santos dos Últimos Días afirman que Xoán foi trasladado, é dicir, que "viviría para sempre", ou ata que Deus o viu listo para resucitalo (Xoán 21:20-23, NIV). Os pais da Igrexa consideran que é a mesma persoa que Xoán o Evanxelista, Xoán de Patmos, Xoán o Ancián e o discípulo amado, aínda que os teólogos modernos non teñen un consenso sobre as identidades destes homes. As tradicións da maioría dos cristiáns consideran que o apóstolo Xoán é o autor de varios libros do Novo Testamento.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas The Life and Miracles of St. John the Evangelist and Apostle Eastern Orthodox icon and Synaxarion of Saint John the Apostle and Evangelist (May 8) John the Apostle in Art John in Art Repose of the Holy Apostle and Evangelist John the Theologian

Categoría:Apóstolos Categoría:Santos do catolicismo Categoría:Santos patróns de parroquias de Galicia