Astilleros Gondán é unha empresa naval asturiana con sede nas Figueiras, Castropol, na ría de Ribadeo.

Adícase á fabricación de buques pesqueiros de alta tecnoloxía, remolcadores, buques auxiliares, patrulleiras, buques militares e de pasaxeiros. Leva construídos máis de 300 buques.

Historia As orixes da empresa están nun pequeno obradoiro adicado a facer buques de pesca litoral en madeira. En 1925, fúndase Astilleros Gondán e trasládanse á localización actual. En 1969, inician a construción de pesqueiros en aceiro, construíndo 100 en 10 anos. En 1978, comezan a fabricar buques para armadores estranxeiros. En 1995, comezou a fabricación de todo tipo de buques. En 2009, iniciou a construción de buques en fibra de vidro.

Fabricación Ó longo da súa historia, de fabricar só barcos de pesca a nivel España pasou á internacionalización cunha gran diversidade de barcos, dende catamaráns de pasaxe a patrulleiras para a Garda Civil ou países estranxeiros, pasando por buques de subministración a estacións petrolíferas, remolcadores ou barcos-escola.

Instalacións Porto de As Figueiras, base da "división aceiro"'. Planta de Castropol (Porto da Veiga), base da "división fibra". Polígono Industrial de Barres.

Gondán ten certificacións ISO 9001, ISO 14001 e OHSAS 18001.

Recoñecementos Stril Luna, buque de apoio a plataformas petrolíferas, elixido buque do ano en Europa en 2014. Premio Familia Empresaria de Asturias 2015. Premio de OSJ polo buque Edda Ferd de mantemento de torres eólicas en 2017. Premios ao Impulso empresarial 2021 do Idepa (Instituto de Desarrollo Económico del Principado).

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Sitio oficial

Categoría:Empresas de Asturias Categoría:Empresas de construción naval