Thomas Stearns Eliot, nado o 26 de setembro de 1888 e finado o 4 de xaneiro de 1965, foi un poeta, dramaturgo e crítico literario norteamericano. As súas obras considéranse parte do canon literario do século XX. Recibiu o premio Nobel de Literatura en 1948.

Traxectoria Naceu en St. Louis, Missouri, Estados Unidos. O seu pai, Henry Ware Eliot, dedicábase ós negocios e á banca. A súa nai, Charlotte Champe Stearns, tiña afeccións literarias, chegando a publicar algún libro.

Estudou na Smith Academy de St. Louis desde 1898 ata 1905. Pronto destacou en tódalas materias, desde o latín á física. En 1906 ingresou na Universidade Harvard, onde estudou grego, literatura inglesa, alemán, historia medieval e historia da arte.

Publicou poesía na revista da universidade. Interesouse polos poetas simbolistas franceses (Rimbaud, Verlaine, Tristan Corbière, Jules Laforgue etc.). Baixo este influxo, marchou a París en 1909, onde asistiu ás clases de Henri Bergson e Alain Fournier. Estudou tamén en profundidade a Dante e a John Donne, poeta metafísico inglés. Viaxou a Múnic e Italia. En 1911 volveu a Harvard e doutorouse en filosofía cunha tese sobre o Knowledge and Experience de F. H. Bradley. Tamén lle interesou a filosofía e a filoloxía hinduísta e o budismo.

En Harvard foi profesor axudante de filosofía. Coñeceu a Bertrand Russell, quen acudiu como visitante a esa universidade e chegou a consideralo o seu mellor alumno. Marchou cunha bolsa de estudos á Universidade de Marburg (Alemaña) pero, ante o inicio da guerra, fuxiu do país, trasladándose a Londres, onde coñeceu a Ezra Pound, que o introduciu no ambiente literario inglés. Neses anos coñeceu tamén a Virginia Woolf e o seu home, e ao novelista James Joyce, ao que admira. En 1927 adoptou a nacionalidade británica e converteuse ao anglicanismo.

Obras miniatura|dereita Poesia 1917: Prufrock and Other Observations 1920: Poems 1922: A terra baldía (The Waste Land) 1925: The Hollow Men 1927-1954: Ariel poems, onde inclúese poema "The Journey of the Magi" 1930: Ash Wednesday 1931: Coriolan 1939: Old Possum's Book of Practical Cats 1939: "The Marching Song of the Pollicle Dogs" e "Billy M'Caw: The Remarkable Parrot", na obra común The Queen's Book of the Red Cross 1945: Four Quartets; tradución de Martín Veiga (Kalandraka, 2023)

Teatro 1926: Sweeney Agonistes, representada o 1934 1934: The Rock 1935: Murder in the Cathedral 1939: The Family Reunion 1949: The Cocktail Party 1954: The Confidential Clerk 1959: The Elder Statesman, representada o 1958 Non-ficción 1920: The Sacred Wood: Essays on Poetry and Criticism 1920: The Second-Order Mind 1920: Tradition and the individual talent 1924: Homage to John Dryden 1928: Shakespeare and the Stoicism of Seneca 1928: For Lancelot Andrewes 1929: Dante 1917-1932: Selected Essays 1933: The Use of Poetry and the Use of Criticism 1934: After Strange Gods (1934) 1934: Elizabethan Essays 1936: Essays Ancient and Modern 1940: The Idea of a Christian Society 1948: Notes Towards the Definition of Culture 1951: Poetry and Drama 1954: The Three Voices of Poetry 1957: On Poetry and Poets

Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Escritores dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1888 Categoría:Finados en 1965 Categoría:Premios Nobel do Reino Unido Categoría:Nados en St. Louis, Missouri Categoría:Medalla Presidencial da Liberdade