Jack Leroy "Jackie" Wilson, nado o 9 de xuño de 1934 e finado o 21 de xaneiro de 1984, foi un cantante americano de soul e Rhythm and blues nado en Detroit, Míchigan.
Traxectoria En 1953 entrou no grupo Billy Ward & the Dominoes en substitución de Clyde McPhatter, grupo co que tivo o seu maior éxito en 1956 con St. Therese of The Roses número 13 das listas de pop. En 1957 comezou a súa carreira en solitario, ó ano seguinte tivo o seu primeiro grande éxito con Lonely Teardrops que chegou ó número 7 e continuaron os éxitos ata mediados dos anos 60. En 1975 mentres actuaba sufriu un ataque ao corazón e permaneceu en estado de coma ata a súa morte.
Véxase tamén
Categoría:Cantantes de Míchigan Categoría:Nados en Detroit Categoría:Nados en 1934 Categoría:Finados en 1984