Nervosa é un grupo musical brasileiro de thrash metal e death metal formado e São Paulo no 2010. O grupo está composto por Fernanda Lira, Prika Amaral e Luana Dametto.
Traxectoria miniatura|esquerda|A vocalista Fernanda Lira. En 2012 o grupo publicou a súa primeira demo titulada Time of Death. Fernanda Terra deixou a banda pouco tempo despois e foi substituída por Jully Lee, que máis tarde foi substituída por Pitchu Ferraz. En maio de 2012 o grupo asinou co selo discográfico Napalm Records.
miniatura|dereita|A guitarrista Prika Amaral. No 2013 gravaron o seu álbum de estudio de estrea, producido por Marcello Pompeu, vocalista do grupo de thrash metal Korzus. Actuaron en varios concertos no Brasil xunto a outros grupos como Exodus, Artillery, Exumer ou Raven. Victim of Yourself foi o título do seu primeiro álbum, publicado o 7 de marzo de 2014. No verán de 2015 actuaron nos seus primeiros concertos en Europa xunto a Hirax e no Summer-Breeze-Festival.
Comezaron a gravar o seu segundo álbum en xaneiro de 2016 nos Estados Unidos. O álbum contou coa produción de Andy Classen. Na primavera de 2016 realizaron os seus primeiros concertos nos Estados Unidos, antes de publicar o segundo álbum Agony o 4 de xuño de 2016. No outono de 2016 o grupo realizou unha xira por Europa xunto a Destruction, Flotsam and Jetsam e Enforcer. Pitchu Ferraz deixou o grupo a finais de 2016, sendo substituída temporalmente por Samantha Landa. En marzo de 2017 o grupo anunciou a inclusión de Luana Dametto como a súa nova batería.
Membros Membros actuais Prika Amaral – guitarra e voces (2010-) Fernanda Lira – voces e baixo (2011-) Luana Dametto – batería (2017-)
Antigos membros Karen Ramos - guitarra (2010-11) Fernanda Terra – batería (2010-2012) Jully Lee – batería (2012-13) Pitchu Ferraz – batería (2013-2016)
Liña temporal
Discografía Álbums de estudio Victim of Yourself (2014) Agony (2016) EPs 2012 - 2012 Time of Death - 2012
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Web oficial
Categoría:Grupos musicais de thrash metal Categoría:Grupos musicais de death metal Categoría:Grupos musicais do Brasil Categoría:Grupos musicais formados en 2010