Martin Hans Christian Knudsen, nado en Hasmark o 15 de febreiro de 1871 e finado o 27 de maio de 1949 en Copenhaguen, foi un físico danés que traballou na Universidade Técnica de Dinamarca, coñecido principalmente polo seu estudo do fluxo molecular dos gases e o desenvolvemento da célula Knudsen, un compoñente principal dos sistemas de epitaxia de raio molecular.

Knudsen é coñecido tamén polo seu traballo na teoría cinético-molecular e os fenómenos a baixa presión nos gases. O seu nome asóciase co fluxo de Knudsen, a difusión de Knudsen, o número de Knudsen, a capa de Knudsen e os gases de Knudsen, ademais da ecuación de Knudsen. Publicou o libro The Kinetic Theory of Gases (Londres, 1934), contendo os resultados principais das súas investigacións. Knudsen estivo tamén activo na oceanografía física, desenvolvendo métodos para a definición das propiedades da auga do mar.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Nados en 1871 Categoría:Nados na rexión de Syddanmark Categoría:Finados en 1949 Categoría:Físicos de Dinamarca