Soiuz TM-4 foi unha misión espacial tripulada soviética lanzada o 21 de decembro de 1987 mediante un foguete Soiuz U2 desde o cosmódromo de Baikonur.

Características Soiuz TM-4, unha Soiuz modelo TM cos cosmonautas Vladimir Titov, Musa Manarov e Anatoli Levchenko a bordo, foi unha misión lanzada para acoplarse coa estación espacial Mir, facer experimentos científicos e manter a estación. A tripulación estableceu no seu momento o récord de permanencia no espazo.

Durante a misión recibiron a visita da Progress 34, da Progress 35, da Progress 36, da Soiuz TM-5, a Progress 37, a Soiuz TM-6, a Progress 38 e a Soiuz TM-7.

A tripulación da Soiuz TM-4 regresou a terra na Soiuz TM-6 o 21 de decembro de 1988 ás 9:57 GMT, aterrando a uns 180 km ao sueste de Dzhezkazgan (Kazakhstán). A propia Soiuz TM-4 regresou o 17 de xuño de 1988, con outra tripulación a bordo.

Véxase tamén

Outros artigos Soiuz TM Estación espacial Mir Soiuz TM-3 Soiuz TM-5

Notas

Categoría:Programa Soiuz