Aethelstan, finado en 852, o fillo máis vello do rei Aethelwulf de Wessex, era rei de Kent en 839, so a autoridade de seu pai que o nomeou.
Traxectoria As últimas versións da Crónica Anglosaxoa describen a Aethelstan como irmán de Aethelwulf, pero as versións A, B e C, e a Crónica de Etelveardo, afirman que era fillo de Aethelwulf.Stenton (1971), p. 236, n. 1 Algúns historiadores argumentan que é máis probábel que fose un irmán, incluíndo Eric John, en 1966,John (1966), p. 41, n. 1 e Ann Williams, en 1978.Williams (1978), "Some notes", pp. 145, 225, n. 10 No entanto, en 1991, Ann Williams describiuno como fillo de Aethelwulf,Williams (1979), "Athelstan" e isto é agora xeralmente aceptado polos historiadores, inclusive Frank Stenton, Barbara Yorke,Yorke (1990), p. 148 e D.P. Kirby.Kirby (2000), p.160
Cando Aethelwulf se tornou rei dos saxóns occidentais en 839 coa morte de seu pai, Egberto de Wessex, nomeou a Aethelstan para gobernar Kent, Essex, Surrey e Sussex. É denominado rei na Crónica anglosaxoa e a crónica de Aethelweard chámao "Rei dos Moradores en Kent, dos saxóns do leste, dos saxóns do Sur e de Surrey". Atestou unha serie de cartas de seu pai como rei os anos de 840.
Morte En 851, Aethelstan e o mordomo Ealhhere derrotaron unha frota e un exército viquingos en Sandwich, Kent, descrito por Frank Stenton como "a primeira batalla naval rexistrada da historia inglesa".Stenton (1971), p. 244 Aethelstan non é mencionado despois de 851 e probabelmente morreu antes de Aethelwulf ir para Roma en 855, xa que non foi incluído no réxime de goberno do reino durante a ausencia de seu pai.Keynes & Lapidge (1983), pp. 69, 231-2, 235 En 853, Ealhhere morreu nunha grave derrota dos homes de Kent e Surrey fronte aos viquingos e, como Aethelstan non é mencionado como participante na batalla, seguramente, xa estaba morto daquela.Smyth (1955), p. 11
Durante unhas escavacións en Old Minster, Winchester, apareceu soterrado o corpo dun mozo de entre 25 e 35 anos de mediados do século IX. Polo tocado e a localización na nave especulouse sobre a súa condición real e se barallou como posibilidade que fose Aethelstan.Yorke (2021), p. 65
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Reis de Kent Categoría:Finados en 852