Leslie Claire Margaret Caron, nada en Boulogne-sur-Seine o 1 de xullo de 1931, é unha actriz e bailarina franco-estadounidense. Caron dixo dela mesma: "Non son unha bailarina. Deféndome".Leslie Caron Quotes and Trivia at FilmSpot
Traxectoria Leslie Caron naceu en Boulogne-sur-Seine, filla do químico Claude Caron e a bailarina estadounidense Margaret Petit. Dende pequena preparouse para a súa futura carreira grazas á axuda da súa nai.
Foi descuberta por Gene Kelly mentres bailaba cun ballet e o bailarín escolleuna para ser a súa parella en Un americano en París (1951). O éxito de Caron foi tan elocuente que asinou un contrato de longa duración coa MGM, o que lle permitiu aparecer noutros títulos como The Glass Slipper (1955) ou Lili (1953), que lle valeu a súa primeira candidatura aos premios Oscar. Na segunda metade da década de 1950 apareceu en títulos como Papá pernas longas (1955) con Fred Astaire ou Gigi (1958) con Louis Jourdan e Maurice Chevalier.
Co declive dos musicais a principios da década de 1960, Caron deu un xiro á súa carreira coa interpretación dunha embarazada esperando abortar en The L-Shaped Room (1962), pola que gañou o premio BAFTA. Outras aparicións nos anos seguintes inclúen Father Goose (1964) xunto a Cary Grant; a obra de Ken Russell Valentino (1977), sobre o mítico actor Rodolfo Valentino, na que Caron fai o papel de Alla Nazimova; Ferida, de Louis Malle (1992); Chocolat, de Lasse Hallström (2000) ou Le Divorce (2003) de James Ivory xunto a Kate Hudson e Naomi Watts.
Filmografía Un americano en París (1951) The Man with a Cloak (1951) The Million Dollar Nickel (1952) Glory Alley (1952) The Story of Three Loves (1953) Lili (1953) The Glass Slipper (1955) Papá pernas longas (1955) Gaby (1956) Gigi (1958) The Doctor's Dilemma (1958) The Man Who Understood Women (1959) The Subterraneans (1960) Austerlitz (1960) Fanny (1961) Three Fables of Love (1962) Guns of Darkness (1962) The L-Shaped Room (1962) Father Goose (1964) A Very Special Favor (1965) Promise Her Anything (1965) Arde París? (1966) The Head of the Family (1969) Madron (1970) Chandler (1971) Purple Night (1972) Surreal Estate (1976) O amante do amor (1977) Valentino (1977) Nicole (1978) Goldengirl (1979) All Stars (1980) Chanel Solitaire (1981) Imperative (1982) La Diagonale du fou (1984) Courage Mountain (1990) Ferida (1992) The Genius (1993) Warriors and Prisoners (1994) A Hundred and One Nights of Simon Cinema (1995) (escenas suprimidas) Funny Bones (1995) The Reef (1996) From Russia to Hollywood: The 100-Year Odyssey of Chekhov and Shdanoff (1999) (documental) Chocolate (2000) Le Divorce (2003)
Notas
Categoría:Actores de cinema de Francia Categoría:Nados en Boulogne-Billancourt Categoría:Nados en 1931 Categoría:Bailaríns Categoría:Franceses de ascendencia estadounidense