O RMS Titanic (en inglés: Royal Mail Steamship Titanic) foi un transatlántico construído en Irlanda do Norte, que afundiu na súa viaxe inaugural a través do océano Atlántico Norte ao colidir cun iceberg a noite do 14 ao 15 de abril de 1912 na viaxe a Nova York. Finaron máis de 1500 persoas e recolléronse soamente uns 300 corpos do mar. Considérase popularmente a maior traxedia naval dun só buque da historia, aínda que outros afundimentos producisen máis vítimas, coma os do Steuben (4500) ou o KS Wilhelm Gustloff (9000, o peor naufraxio da historia).
O Titanic era o segundo dun trío de transatlánticos, a clase Olympic, que pretendía dominar o negocio das viaxes transoceánicas a principios do século XX.
O foi botado ao mar no 1910 e entrou en servizo no 1911, o Titanic foi botado no 1911 e entrou en servizo no 1912, e o foi botado no 1914 e entrou en servizo no 1915, aínda que o comezo da primeira guerra mundial fixo que nunca prestase servizo comercial, sendo destinado a buque hospital.
Foron deseñados por Alexander Carlisle e Thomas Andrews e eran propiedade da White Star Line. Construídos nos estaleiros de Harland and Wolff en Belfast (Irlanda do Norte, Reino Unido), a clase Olympic destacaba polo seu tamaño, luxo e avances técnicos fronte aos transatlánticos da competencia, o e o , da Cunard Line. O Titanic foi o barco de pasaxeiros máis grande e luxoso da época xunto co Olympic.
O buque estaba equipado con algunhas medidas de seguranza avanzadas para a época, como os tabiques do seu casco e comportas estancas activadas a distancia dende a ponte de mando. Porén, estas medidas resultaron insuficientes, xa que só portaba botes salvavidas para 1178 persoas,Mark Chirnside 2004, p. 161. pouco máis da metade das que ían a bordo na súa viaxe inaugural e un terzo da capacidade total de 3547 persoas.
O afundimento do Titanic e o gran número de vítimas supuxo unha modificación da normativa de seguridade naval. En 1914 foi aprobado o convenio SOLAS de seguridade no mar.
A construción O Titanic construíuse nos estaleiros Harland and Wolff de Belfast (Irlanda do Norte), co número de construción 401.The Ship Magnificent, http://www.titanic-theshipmagnificent.com/synopsis/chapter01/ Chapter 1: Inception & Construction Plans, History Press Estaba destinado a competir cos buques e da rival Cunard Line. O Titanic, xunto aos seus irmáns da clase Olympic, o e o (máis tarde renomeado a Britannic), este último aínda en construción, estaban destinados a ser os maiores e máis luxosos transatlánticos.
Os deseñadores foron William Pirrie, director xerente de Harland and Wolff; o enxeñeiro naval Thomas Andrews, xerente de construción e xefe do departamento de deseño de Harland and WolffAndrews, 1922 e Alexander Carlisle, o deseñador xefe e xerente xeral do estaleiro.Ulster People and the RMS Titanic . Belfast-Titanic.com. Consultado o 15-9-2011. As responsabilidades de Carlisle incluían as decoracións, os equipamentos e todos os arranxos xerais, incluíndo a introdución dun sistema eficiente de pescantes para os botes salvavidas. Carlisle deixou o proxecto no 1910, antes de que se botaran os barcos, cando se fixo accionista de Welin Davit & Engineering Company Ltd, a compañía que fabricaba os pescantes.
A construción do Titanic, financiada polo empresario estadounidense J. P. Morgan e a súa empresa International Mercantile Marine Co., comezou o 31 de marzo de 1909. O casco do Titanic foi botado ao mar ás 12:13 do día 31 de maio de 1911, e a súa construción concluíu o 31 de marzo do ano seguinte.
Equipamento Para o seu tempo, o Titanic non tiña un rival igual en luxo e elegancia. A White Star Line ofreceu unha piscina interior, un ximnasio, unha cancha de squash, un baño turco, unha biblioteca, unha sala de recepción, entre outras amenidades (para uso exclusivo de primeira clase). Os camarotes estándar de primeira clase foron adornados con revestimentos de madeira brancos, mobles custosos e outras decoracións elegantes. Contaban soamente con baños compartidos con auga quente e fría. Contábase ademais con estufas eléctricas.
No caso das suites utilizáronse nas salas de estar unhas chemineas fermosamente encaixadas. Como novidade para as viaxes da época, o Titanic ofrecía tres ascensores para primeira clase e un para a segunda.
Cuberta de botes
Os botes estaban colocados en 2 grupos, un cara á proa e outro cara á popa: Na parte dianteira achábanse 12 botes, 6 a cada banda: 2 de madeira para salvamento (núms. 1 e 2. Capacidade de 40 persoas c/ou) 4 pregables Engelhardt (A, B, C e D. Capacidade de 47 persoas c/ou) 6 de madeira (3 a cada lado. Capacidade de 65 persoas c/ou). Cara á popa, achábanse 8 botes de madeira con capacidade de 65 persoas c/ou (4 a cada lado). En total había capacidade para 1178 persoas.
Cara á proa tamén se atopaba a ponte e o primeiro bloque, o cal comprendía as habitacións dos oficiais, a sala Marconi, as máquinas que movían os ascensores e 6 habitacións simples de primeira clase. Nas paredes deste bloque atopábanse fiestras circulares que iluminaban as habitacións interiores de primeira clase da cuberta inferior.
O segundo bloque conformábano a escalinata de primeira clase e o ximnasio. A escalinata ía desde esta cuberta ata a cuberta E, no nivel superior atopábase unha cúpula de cristal que concedía luz natural á escaleira ao longo dos seus niveis por medio de biolos a ambos os dous lados desta. O ximnasio estaba situado no lado de estribor, ao costado da entrada de primeira clase. O mesmo estaba equipado con equipos que funcionaban electricamente, alén de bicicletas estáticas e outros trebellos de lecer. O lugar estaba acondicionado para un maior confort e tiña un panel de madeira contra a parede do espazo da cheminea onde se apreciaban 2 figuras: un mapamundi e un corte transversal do barco.
Entre a segunda e terceira cheminea atopábase o teito elevado do salón xeral e a sala de lectura de primeira clase. Máis aló da terceira cheminea atopábase un pequeno bloque destinado aos tanques de auga, a entrada de luz á sala de máquinas e un espazo reservado con cuberta de paseo para os enxeñeiros. Ao costado deste bloque achábase un biolo que cubría a cúpula que ía sobre a escaleira traseira de primeira clase. A cuarta cheminea non cumpría a función de expulsar fume das caldeiras, por iso déuselle a función de dar ventilación ás cociñas inferiores e a segunda sala de máquinas onde se atopaba a turbina que movía a hélice de 4 pas. A ambos os lados da cuarta cheminea atopábase o teito elevado da sala de fumadores de primeira clase na cuberta inferior. Ao final da cuberta atopábanse a entrada e escaleira de segunda clase (a cal descendía ata a cuberta F). Así mesmo, os pasaxeiros contaban coa súa respectiva cuberta de paseo.
Cuberta A miniatura|586x586px|Plano da cuberta A.|center Coñecida tamén como a cuberta de paseo, este nivel albergaba os camarotes, a sala de lectura, o salón común, a sala de fumadores e os Cafés Verandah da primeira clase. O seu uso foi unicamente para primeira clase, pois a escalinata de segunda non tiña saída a esta cuberta.
A sala de lectura de primeira clase foi, xeralmente, para o uso das damas. Orixinalmente planeouse construíla coa parte media superior aberta como no caso do Olympic, e así se fixo, pero logo Bruce Ismay decidiría facerlle un cambio: a cuberta de paseo dianteira sería pechada e contaría con xanelas. Isto debeuse a que no Olympic, el observou que a xente se queixaba da airexa mariña nas súas habitacións. O resultado final foi que a metade da cuberta foi fechada ata onde terminaba a sala de lectura e a outra metade sería aberta desde o comezo do salón común ata o final. Na parte dianteira, preto da primeira cheminea, situábanse os cuartos estándar de primeira clase, os cales estaban decorados con paneis de piñeiro brancos, contaban con estufas eléctricas e con mobles de caoba luxosos da época. Os cuartos interiores nesta cuberta tiñan a facilidade de recibiren iluminación da cuberta superior. esquerda|miniatura|227x227px|O salón xeral de primeira clase do Olympic, moi similar ao do Titanic. O salón común de primeira clase albergou os pasaxeiros antes que se dese a orde de empezar a evacuación. Detrás da escaleira e a entrada, localizábanse os 3 ascensores para uso exclusivo de primeira clase, os cales transportaban os pasaxeiros ata a cuberta E, a grande escalinata cara á súa primeira parada xusto antes da segunda cheminea. Logo viña un pasadizo que estaba decorado no mesmo estilo que a entrada de primeira clase e que contaba cunha porta xiratoria. Este corredor levaba á sala de lectura e o salón común de primeira clase. A sala de lectura era un ambiente decorado en estilo gregoriano con paneis de madeira brancos e con ventás que se estendían ata a cuberta de botes, o que lle daba unha boa iluminación. Amais tiña unha cheminea de adorno.
Ao costado da sala de lectura e no medio da segunda e terceira chemineas atopábase o salón común de primeira clase, o cal estaba decorado no estilo Lois XV, inspirado no Palacio de Versalles. Estaba tapizado e contaba con paneis de madeira belamente tallados nas paredes. Na parte dianteira, preto da porta había unha cheminea de adorno sobre a cal se atopaba unha miniatura de Diana de Versalles, máis coñecida como Artemisa e sobre todo iso, un grande espello. As fiestras estendíanse, do mesmo xeito que na sala de lectura, ata a cuberta de botes. Un dos seus maiores atractivos era o seu gran candelabro, o cal estaba sito nun pequenísimo domo con tallados. O salón estaba subdividido en pequenas áreas privadas separadas por muros con espellos e apliques de bronce. Aquí podíanse sacar libros grazas a un estante sito na parte dianteira da terceira cheminea. A ambos os dous lados do mesmo achábanse un reloxo e un barómetro. Na parte traseira, ao lado de babor, había un pasadizo que contaba con outra porta xiratoria e que conectaba ao salón coa escaleira traseira, moi parecida á Grande Escalinata dianteira, pero un pouco máis pequena e con menos detalles (o reloxo do seu primeiro nivel era diferente ao d' A Honra e A Gloria coroando asemade).
O salón de fumadores era o lugar predilecto dos cabaleiros de primeira clase logo das ceas. Cara á popa entrábase á sala de fumadores, decorada en estilo xeorxiano pero con paneis de caoba escura. Nos mesmos paneis habían adornos de bronce, que lle conferían certa elegancia. As súas fiestras non eran translúcidas senón vitrais. Ademais, contaba con preciosos vidros tintados encaixados nas paredes.
O café de estribor converteuse nunha sala de xogos temporal para os nenos de primeira clase durante a viaxe. O chan era de linóleo cun motivo que foi utilizado noutras áreas do barco. A súa altura era maior á da cuberta xa que o seu teito estaba elevado uns centímetros de máis na cuberta de botes. Nesa elevación topábanse uns pequenos vitrais que tiñan a forma da metade dunha elipse alargada. No centro da súa parede traseira, a sala contaba cunha cheminea de mármore branca que era a única utilizada en todo o barco para fins de calefacción, por iso contaba con 2 cestos de carbón, un a cada lado; sobre esta peza branca había un cadro titulado O paso ao porto de Plymouth, feito polo artista Norman Wilkinson. Tiña acceso a un bar que compartía cos Cafés Verandah. Comunicábase co café de babor mediante unha porta xiratoria. Os últimos espazos de primeira clase neste nivel eran os 2 cafés. A súa decoración baseouse nas casas de campo inglesas e as súas paredes estaban cubertas por hedreiras e espellos, os cales lle daban un efecto de amplitude. A iluminación natural proviña das catro grandes fiestras de ferro que tiña cada café, que sumadas á cuberta aberta, permitían aos comensais teren unha magnífica vista do océano. Aquí servíanse aperitivos e comidas lixeiras, pero non xantares. A escaleira de segunda clase pasaba de longo este nivel, pois non tiña saída.
Cuberta B miniatura|Sección do Titanic.