Os Torques de Lugoslavia Futebol Gaélico, ou Torques, é un equipo mixto de fútbol gaélico fundado na cidade de Lugo no ano 2013.

Orixe O equipo fundouse despois de varios intentos en abril do ano 2013 na cidade de Lugo promovida pola asociación cultural Cultura do País, sendo o 3 de maio o seu primeiro adestramento. Enseguida se coordinou para a creación da Liga Gallaecia con outros equipos do país, que nun principio serían Ambilokwoi de Vigo, Afiadoras de Ourense, Suévia de Compostela e Cascarilha de Coruña.

Palmarés Campión I Copa do Rei Froilán de Futebol Gaélico: 2018 Campión de Liga: 2016/17, 2017/18 e 2018/19 Campión de Copa: 2016

Notas

Véxase tamén Outros artigos Fútbol gaélico Liga Gallaecia

Ligazóns externas Páxina web do club Páxina web da Liga Gallaecia

Categoría:Deporte en Lugo Categoría:Equipos de fútbol gaélico de Galicia