Begoña Vila Costas, nada en 1963 en Vigo, é unha astrofísica galega especializada no estudo de galaxias espirais.

Traxectoria Estudou na Universidade de Santiago de Compostela e no Instituto de Astrofísica das Canarias (1981-1986) e doutorouse no Centro Jodrell Bank para Astrofísicos da Universidade de Manchester (1989).

Traballou para a Axencia Espacial Canadense no deseño e construción do Fine Guidance Sensor (FGS), o sensor do telescopio espacial James Webb. O FGS foi entregado á NASA en 2012, momento no que decidiron contratala no departamento de enxeñería de sistemas da NASA do GSFC (Programa Xeofísico, Xeodinámica e de Espazo Xeodésico)​ do Fine Guidance Sensor (FGS), sensor que levará o telescopio espacial James Webb ademais de ser a encargada da proba fría final do grupo de instrumentos antes da súa integración co telescopio.

Un ano despois, Vilas foi nomeada ‘FGS lead systems engineer’, ou o que é o mesmo: a persoa de referencia na toma de decisións en relación ao sensor. Vila é a encargada de controlar que o telescopio espacial James Webb -sucesor do "Hubble"- teña a máxima precisión na toma de imaxes despois do lanzamento, e posta en órbita o 25 de decembro de 2021, a bordo dun foguete Ariane 5. No 2026 participa no lanzamento do Telescopio espacial Nancy Grace Roman.

En 2018 residía en Washington, D.C., onde traballaba como enxeñería de sistemas no centro de voo espacial Goddard.

É membro da ECUSA-DC, asociación que engloba á comunidade científica española das áreas de Washington DC, Maryland e Virxinia.

Premios e distincións

2016 “Exceptional Public Achievement” (Logro Público Excepcional). Galardón que lle outorgou a NASA, os anos de logros excepcionais e liderado no deseño, desenvolvemento e probas do FGS como parte do seu traballo no James Webb. 2017 Premio María Josefa Wonenburger Planells. Outorgado pola Unidade de Muller e Ciencia da Xunta de Galicia polo seu excelente labor científico. En 2023 a revista Gciencia considerouna unha das 20 mulleres de ciencia en Galicia que había que coñecer. En 2025 foi nomeada doutora Honoris Causa pola Universidade de Vigo.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Cuentos de buenas noches para nuestras niñas rebeldes. Editorial Destino, 2021. ISBN: 9788408241676 Elas, levarónnos ao espazo. 2022 ISBN=978-84-8158-952-8

Ligazóns Entrevista de Mila Alonso en Gciencia

Categoría:Astrofísica Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1963 Categoría:Físicos de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Alumnos da Universidade de Manchester Categoría:Persoal da NASA Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade de Vigo