Alt Àneu é un concello da provincia de Lleida, en Cataluña. Atópase no límite con Francia, na comarca do Pallars Sobirà.

Creouse en 1970 da unión dos antigos concellos de Isil, Son, Sorpe e València d'Àneu, e do territorio da Mancomunidade dos Quatre Pobles.

Tiña en 2016 unha poboación de 402 habitantes, agrupados nas entidades de Alós d'Isil, Àrreu, La Bonaigua de Baix, Borén, Isavarre, Isil, Son, Sorpe e a capital municipal, València d'Àneu.

Véxase tamén Ligazóns externas

Sitio web oficial

Categoría:Concellos da provincia de Lleida