Osric, finado en 729, foi rei de Northumbria desde a morte de Coenred en 718 até a súa morte o 9 de maio de 729.

Traxectoria Simeón de Durham chámalle fillo de Ealdfrith de Northumbria, o que o convertería en irmán, ou quizais medio irmán, de Osred. Alternativamente, puido ser un fillo de Eahlfrith de Deira, e por iso primo de Osred.

Beda dá pouca información sobre o reinado de Osric, pero rexistra que se viron cometas á súa morte, un signo de mal agoiro. Guillerme de Malmesbury eloxia a Osric pola súa decisión de adoptar a Ceolwulf, irmán de Coenred, como o seu herdeiro.

Véxase tamén

Bibliografía Higham, N.J., The Kingdom of Northumbria AD 350-1100. Stroud: Sutton, 1993. Marsden, J., Northanhymbre Saga: The History of the Anglo-Saxon Kings of Northumbria. Londres: Cathie, 1992.

Categoría:Finados en 729 Categoría:Reis de Northumbria