Xabier Campos Villar, nado en Rois en 1973, é un filólogo galego.
Traxectoria Formouse como mestre da EXB e licenciouse en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela, cunha tese sobre a narrativa de Manuel Lugrís Freire, que máis tarde reelaboraría para redactar e publicar primeiro A obra narrativa en galego de Manuel Lugrís Freire (Xunta de Galicia/CRPIH, 2000)Ficha da obra no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. e despois Lugrís Freire, unha biografía (Galaxia, 2006)Ficha da obra na páxina web da Editorial Galaxia..
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha do autor no sitio web de Galaxia. Algunhas publicacións do autor.
Categoría:Nados en 1973 Categoría:Escritores en lingua galega Categoría:Nados en Rois Categoría:Filólogos de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela