Cuadernos de literatura infantil y juvenil, tamén coñecida polo acrónimo CLIJ, é unha revista de ámbito estatal español que se ocupa da análise da literatura infantil e xuvenil. Foi creada en 1988 e leva editándose de forma ininterrompida dende aquel, con 11 números ao ano. É unha revista punteira no seu sector, xunto con Educación y Biblioteca, Primeras noticias, Peonza ou Platero; e, na rede, xunto con Imaginaria e Babar. Así mesmo, caracterízase por poñer unha especial atención nas literaturas producidas en linguas do estado distintas do castelán. Foi premiada en 2005 co Premio Nacional de Fomento da LecturaLa revista CLIJ y ‘Leer juntos’, premios de fomento de la lectura, nova na revista Babar o 23 de novembro de 2005 ..

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web da revista CLIJ . CLIJ na Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes .

Categoría:Revistas de España Categoría:Literatura infantil e xuvenil