miniatura|Escudo da vila de Étampes, Illa de Francia. Na época carolinxia Étampes foi xa a sede dun condado (comitatus Stampensis), do que hai memoria no século X,Cf. Bernard Gineste [éd.], «Otton Ier: Confirmation de donations faites à l’abbaye de Gembloux (20 septembre 946)», en Corpus Étampois, 2008. pero a palabra reflectía daquela unha realidade diferente que nas épocas posteriores: era unha simple circunscrición do Imperio, cuxa administración non se transmitía por dereito de herdanza.
Cando os Robertinos subiron ao trono e fundaron a monarquía dos Capetos, o país de Étampes pertenceulles durante moito tempo, e sería unha das pezas mestras do dominio real sobre o que o rei exercía teoricamente un control directo. Houbo, porén, vizcondes de Étampes no século XI, nunha época na que os primeiros capetos se esforzan por establecer a súa autoridade sobre as súas propias terras.Gineste, Bernard (ed.) (2007): "Joseph Depoin: La Chevalerie étampoise (1909)", en Corpus Étampois.
Vizcondes de Étampes Roscelin d'Étampes. Marc, seu filllo (asinando un acto en 1094). Hervé, fillo de Marc (1108-1109), morto mozo baixo a tutela de Guy, que o sucede. Guy de Méréville, gendre de Marc (1109-1129), qui avait épousé sa fille Lethuisa, alias Lieuse, alias Liesse, alias Laetitia.
Señoras viúvas de Étampes Branca de Castela, filla de Afonso VIII de Castela e raíña consorte de Francia polo seu matrimonio con Lois VIII. Foi a primeira señora viúva de Étampes, de 1240 a 1252. Margarida da Provenza (1221-1295), raíña consorte de Francia polo seu matrimonio con Lois IX, foi a segunda señora viúva de Étampes, de 1272 a 1295.
Condes de Étampes En primeiro lugar cómpre denunciar a lenda, ao parecer inventada por François de Belleforest (1530-1583), segundo a cal un certo Xoán de Étampes, presuntamente xenro de Filipe I (cando realmente o era de Ferry de Châtillon), fillo de Payen, que sería señor de Étampes a principios do século XII, lenda xa denunciada como unha fantasía no século XVII, pero que sempre renace entre os xenealoxistas afeccionados ás orixes reais.Cf. Bernard Gineste, citant Fleureau, in Corpus Etampois
100 px|miniatura|Armas dos condes de Étampes da Casa de Évreux. 1298-1319 : Lois de Évreux (1276 - 1319), fillo de Filipe III de Francia casou con Margarida de Artois De feito Lois de Évreux foi unicamnte barón de Étampes, e foi soamente para o seu fillo e sucesor Carloa cando esta Baronía foiu erixida en Condado.
1319-1336 : Carlos de Étampes (1305 - 1336), fillo do precedente casou con María de La Cerda
1336-1400 : Lois de Étampes (1336 - 1400), fillo do precedente casou con Xoana de Brienne
Xoana de Brienne fixo un acordo de venda con Xoán de Berry.
1400-1416 : Xoán I de Berry (1340 - 1416), duque de Berry, fillo de Xoán II o Bo, rei de Francia
Á súa morte, o condado foi reclamado por Xoán de Borgoña, a quen Xoán de Berry o legara, pero volveu ao dominio real ao final dun xuízo no Parlamento de París. Carlos VII llo deu a Ricardo da Bretaña como recompensa polos servizos prestados. Porén, nin Ricardo nin os seus descendentes nunca obtiveron máis que só o título de conde de Étampes; os borgoñóns mantiveron o usufruto e continuaron tamén utilizando o título.
1421-1438 : Ricardo da Bretaña (1395 - 1438), fillo de Xoán IV da Bretaña casou conà Margarida de Orleáns, filla de Lois de Orleáns: non ostentaria máis que o título do Condao, que permanecía en realidade en posesión dos Borgoñóns.
1438-1477 : Francisco II (1435 - 1488), fillo do precedente, e que enseguida chegaría a ser duque da Bretaña. Como o seu pai non tería máis que o títuo do Condado de Étampes, que permanecería en realidade en posesión dos Borgoñóns até 1478.
1478-1500 : Xoán de Foix-Étampes (1452 - 1500), fillo de Gastón IV de Foix-Bearn casou con María de Orleáns (1457 - 1493), irmá de Lois XII de Francia
1500-1512 : Gastón de Foix-Nemours (1489 - 1512), duque de Nemours, fillo do precedente
1512-1514 : Ana da Bretaña, esposa de Lois XII de Francia e filla de Francisco II da Bretaña
1514-1524 : Claudia de Francia (1499 - 1524), filla dos precedentes, casou con Francisco I de Francia
1526-1534 : Xoán de La Barre († 1534), conde de Étampes (1526 - transferido a título vitalicio polo rei), vizconde de Bridiers, Barón de Vérets, señor de La Barre, de Villemartin, de Plessis-lès-Tours, de la Subterrane, de Coez e de Jouy-en-Josas, preboste e gobernador militar de París.
En 1534, Francisco I, casa a súa amante Ana de Pisseleu con Xoán IV de Brosse e lles doa Étampes que erixe, dous anos máis tarde, en Ducado.
Duques de Étampes
1536-1553 : Xoán de Brosse († 1564), conde de Penthièvre casou con Ana de Pisseleu (1508 - 1580), amante de Francisco I de Francia
Duquesas de Étampes
1553-1566 : Diana de Poitiers (1499 - 1566), amante de Henrique II de Francia
1598-1599 : Gabriela de Estrées (1571 - 1599), amante de Henrique II de Francia
Duques de Étampes
1576-1577 : Xoán Casimiro do Palatinado, fillo do Elector palatino
1599-1665 : César de Vendôme (1594 - 1665), fillo de Henrique II de Francia e de Gabriela de Estrées casou con Francisco de Lorena (1592 - 1669)
1665-1669 : Lois II de Vendôme (1612 - 1669) casou con Laura Mancini
1669-1712 : Lois III Xosé de Vendôme (1654 - 1712) casou con Maria Ana de Condé (1678-1718)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Bernard Gineste (dir.): "Seigneurs et Dames d'Etampes (1240-1793)" en Corpus Etampois. Bernard Gineste (dir.): Joseph Depoin: "La Chevalerie étampoise" (S.H.A.C.E.H., 1909) en Corpus Étampois (e especialmente o artigo sobre os vizcondes de Étampes).
Categoría:Listas de monarcas