Os emberá, tamén coñecidos na literatura histórica como chocó ou katío son un pobo indíxena de Colombia e Panamá. Na lingua emberá, a verba ẽberá pode empregarse para referirse a persoa, home ou indíxena, dependendo do contexto no que se empregue. Hai arredor de 33 000 emberá vivindo en Panamá e uns 56 504 en Colombia.
Lingua
A lingua emberá ou ẽberá bedéa, non é unha lingua única senón un grupo lingüístico mutuamente intelixible que se fala a través de Panamá e Colombia. Xunto coa lingua wounaan, son os dous únicos membros vivos da familia de linguas chocó e non están relacionadas con ningunha outra familia de América Central ou América do Sur, malia que no pasado se propuxeron relacións coas linguas caribes, coas linguas arauacas e coas linguas chibchas.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Pobos indíxenas de Colombia
Categoría:Pobos indíxenas de Panamá Categoría:Pobos indíxenas de Colombia Categoría:Pobos indíxenas de América Central