007: Licencia para matar (en ) é o décimo sexto filme de espías da franquía James Bond. Foi producido por Eon Productions, e foi o segundo e derradeiro filme protagonizado por Timothy Dalton no papel do axente 007. Foi o primeiro que non empregou o título dunha historia de Ian Fleming. Tamén foi o quinto e derradeiro filme da serie dirixido por John Glen. A historia ten elementos de dúas historias e unha novela de Ian Fleming, así como trazos dos contos xaponeses sobre os rōnin. Orixinalmente titulado Licence Revoked na liña do argumento, o nome foi modificado durante a posprodución xa que os tests coa audiencia asociaban o termo coa condución.
Sinopse Neste filme, James Bond é suspendido como axente do MI6 e investiga ó narcotraficante Franz Sánchez, que ordenou un ataque contra o seu amigo da CIA Felix Leiter e a violación e asasinato da súa muller durante a súa lúa de mel.
Personaxes Timothy Dalton como James Bond Carey Lowell como Pam Bouvier Robert Davi como Franz Sánchez Talisa Soto como Lupe Lamora Anthony Zerbe como Milton Krest Frank McRae como Sharkey Everett McGill como Ed Killifer Wayne Newton como Profesor Joe Butcher Benicio del Toro como Darío Anthony Starke como Truman-Lodge Pedro Armendáriz Jr. como Presidente Héctor López Desmond Llewelyn como Q David Hedison como Felix Leiter Priscilla Barnes como Della Churchill Robert Brown como M Caroline Bliss como Miss Moneypenny Don Stroud como Coronel Heller Grand L. Bush como Hawkins Cary-Hiroyuki Tagawa como Kwang Christopher Neame como Fallon Diana Lee Hsu como Loti
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha en AllMovie Ficha en RottenTomatoes Ficha en BoxOfficeMojo
Categoría:Filmes de 1989 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes dirixidos por John Glen Categoría:Filmes ambientados en Florida Categoría:Filmes rodados en Florida Categoría:Filmes rodados en México Categoría:Filmes de James Bond Categoría:Filmes ambientados en América do Norte Categoría:Filmes sobre violación e vinganza Categoría:Filmes de 1989 con versión en galego