Mary Harris "Mother" Jones, nada no ano 1837 en Cork e finada o 30 de novembro de 1930, foi unha mestra e costureira de orixe irlandesa que se converteu nunha importante figura da organización sindical e comunitaria nos Estados Unidos de América. Axudou a coordinar importantes folgas e foi cofundadora do Industrial Workers of the World.

Jones traballou como mestra e costureira, mais trala morte do seu home e os seus catro fillos por febre amarela en 1867 e a destrución do seu obradoiro de costura no Grande incendio de Chicago de 1871, comezou a súa labor sindicalista para Knights of Labor e United Mine Workers. Dende 1897 á idade de 60 anos, comezou a ser coñecida como Mother Jones. En 1902 foi chamada "a muller máis perigosa de América" polo seu éxito na organización dos mineiros e as súas familias contra os propietarios das minas. En 1903, para protestar pola neglixente aplicación das leis do traballo infantil nas minas e fábricas de seda de Pensilvania, organizou unha marcha de nenos dende Filadelfia até a residencia do presidente Roosevelt en Nova York.

A revista Mother Jones, estabelecida en 1976, leva o seu nome.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Museo virtual sobre Mary Harris Jones Biografía de Mary Jones por Sarah K. Horsley

Categoría:Nados en 1837 Categoría:Nados en Cork Categoría:Finados en 1930 Categoría:Activistas dos Estados Unidos de América Categoría:Activistas de Irlanda Categoría:Profesores de Irlanda Categoría:Profesores dos Estados Unidos de América Categoría:Sindicalistas dos Estados Unidos de América