A illa Salisbury (en inuit: Akulliq; ) é unha das illas deshabitadas do arquipélago ártico canadense, situada na rexión de Qikiqtaaluk, no territorio de Nunavut. Atópase na entrada oeste do estreito de Hudson, xusto ao norte da provincia do Quebec, e ten unha superficie de 804 km² sendo por superficie a 56ª do país e 39ª de Nunavut.Salisbury Island at Atlas of Canada Ten unha liña costeira de 278 km, cunha lonxitude duns 47 km e unha largura de 23 km. Salisbury atópase ao nordés da illa Nottingham e ao sur da península Foxe da illa de Baffin.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Illas e arquipélagos da costa de Norteamérica Categoría:Illas do Canadá Categoría:Illas do Océano Ártico Categoría:Illas deshabitadas