Xoán I de Aragón, chamado o Cazador e o Amador de toda xentileza, nado en Perpiñán o 27 de decembro de 1350 e finado en Torroella de Montgrí, Xirona, o 19 de maio de 1396, foi rei de Aragón, Valencia, Mallorca, Sardeña e Córsega, e conde de Barcelona, Rosellón e Cerdaña desde 1387 a 1396.

Foi o fillo e sucesor de Pedro IV de Aragón e da súa esposa Lionor de Sicilia.

Antes da súa entronización ostentou por primeira vez o título de duque de Xirona, instituído polo seu pai para identificar ao príncipe herdeiro da Coroa de Aragón, e que segue sendo utilizado pola monarquía española (como príncipe de Xirona.Vicente Salas Merino (2007): Genealogía de los reyes de España. Madrid: Visión. ISBN 978-84-9821-767-4, páx. 116.

Traxectoria Orixe familiar Xoán naceu na cidade de Perpiñán o 27 de decembro de 1350. Foi o primeiro fillo do rei Pedro III de Araggón, o Cerimonioso, e da súa esposa, e prima segunda, Lionor de Sicilia. O seu nacemento deu a solución ao problema sucesorio da Coroa de Aragón, que se presentara uns anos antes e que provocara a chamada Guerra da Unión.

Aspecto e actitudes Fisicamente Xoán I era un home de mala saúde, delicado, que caeu enfermo varias veces ao longo da súa vida e sufriu dous graves ataques debido a algunhas enfermidades, o primeiro produciuse no inicio do seu reinado, en 1387; o segundo, que puxo fin á súa vida, en 1396.

Foi unha persoa moi culta. Cando había bos ingresos, a súa Corte sempre estaba chea de luxo e refinamento. Tiña unha grande afección polas belas artes, a música, a literatura e a astroloxía. Por esta razón, os historiadores chamárono "o Amador da xentileza". Tamén mostrou un grande interese pola actividade da caza, polo cal tamén foi chamado "o Cazador". Porén, desatendeu case totalmente o goberno dos seus reinos, feito que lle valeu o alcume de "o Descoidado" polos seus contemporáneos, porque antepoñía o goce e o divertimento ás tarefas de goberno. Tampouco foi un rei particularmente belicoso, senón que era pacífico e repousado, moi diferente ao carácter do seu pai. De feito, foi un monarca débil e moi influenciábel nas mans das camarillas cortesás e, despois, principalmente pola súa segunda esposa, Violante de Bar.

Primeiros anos En 1351 seu pai creou para el o título de duque de Xirona, e o ano seguinte foi nomeado primoxénito do reino (sucesor ao trono). En 1363 foi nomeado lugartenente xeral do reino (vicerrei), e comandou as tropas que fixeron fronte á invasión de Cataluña, que intentou de Xaime IV de Mallorca.Acta historica et archaeologica mediaevalia 1. Universidade de Barcelona. Instituto de Historia Medieval: Edicions Universitat Barcelona. ISBN 978-84-6002-438-5, p. 289 .

Sendo aínda un mozo desamigouse co seu pai, o rei Pedro IV, polo seu novo matrimonio con Sibila de Fortià, pertencente á pequena nobreza empordanesa. Así mesmo, en 1385 Xoán negouse a loitar contra o seu cuñado, Xoán I de Empúries, que se rebelara un ano antes.

Reinado Política interior En 1387 encarcerou á raíña Sibila, viúva nese ano, pero polas presións do cardeal Pedro de Luna liberouna. Ese mesmo ano devolveu o Condado de Empúries ao seu cuñado Xoán I de Empúries, condado que lle subtraera o rei Cerimonioso.

miniatura|esquerda|200px|Retrato imaxinario de Xoán I de Aragón, por Manuel Aguirre y Monsalbe (1885). Deputación de Zaragoza.

Xoán I tivo tamén certas diferenzas co seu sogro, Xoán III de Armañac, conde de Armañac. As tropas do conde, baixo as ordes do seu irmán Bernardo, invadiron o Empordán e a Costa Brava, e chegaron até Xirona (1389-1390).

As tropas de Armañac foron desaloxadas polo exército que dirixía o infante Martiño, irmán e futuro sucesor do rei, que aínda era un neno.

Xoán tamén tivo que sufocar unha rebelión do Xulgado de Arborea, un dos catro en que se dividía a illa de Sardeña naquela época.

O seu reinado estivo marcado pola desorde administrativa e financeira; aínda que o rei mesmo tiña unha importante formación intelectual e foi un decidido promotor das artes e as letras, cedeu a responsabilidade das tarefas de goberno a súa primeira esposa, Iolanda ou Violante de Bar, mentres que el se dedicaba ás súas afeccións favoritas, especialmente á caza.Leralta, Javier (2008): Apodos reales: historia y leyenda de los motes regios Madrid: Sílex Ediciones (Serie Historia). ISBN 978-84-7737-211-0, páx. 245. Promoveu, coa axuda da súa favorita Carroza de Vilaragut, a música e a literatura; neste ámbito instituíu os Xogos florais de Barcelona, a imitación dos de Tolosa, en 1393, nos que participaban poetas de toda a Coroa de Aragón.

As revoltas en Sardeña exixían continuos gastos, que Xoán de Aragón non satisfacía como debera, ao dedicar cuantiosos recursos ao mecenado nunha refinada Corte. A corrupción dos conselleiros e cortesáns, que desviaban partidas que estaban destinadas a sufocar os disturbios sardos, e incluso os que debían sufragar a preceptiva coroación do rei na Catedral de Zaragoza que, por ese motivo non chegou a celebrarse, dilapidaron a facenda rexia. O rei Cazador chegou ao extremo de ter que vender os castelos de reguengo situados no Rosellón como medio de mitigar a penuria administrativa. As Cortes de Aragón, ás que o rei tiña que solicitar financiamento, acabaron rexeitando pagar os emolumentos destinados a espectáculos e festas cortesás, alegando a inmoralidade que supoñía desbaldir nestes fastos cando a realidade social do pobo sufría escaseza e a economía atravesaba unha crise. Xoán I, ante a negativa das Cortes a sufragar a monarquía, comezou a pedir préstamos aos banqueiros de Florencia, o cal orixinou a decadencia da economía de Cataluña e o auxe económico e comercial de Aragón e Valencia.Leralta, op. cit., páxs. 245-246.

En 1391 a pobreza prendeu a mecha da onda antisemita, que percorrera xa o Reino de Castela e comezaron, no verán dese ano, as persecucións aos xudeus de Cataluña (Xirona, Barcelona, Lleida, Perpiñán), Baleares (Palma de Mallorca) e Valencia, entre outras cidades, que provocaron a morte de moitos xudeus e a conversión forzada de moitos outros. Os responsábeis destes actos foron condenados á pena capital.Balaguer, Vícor (1865): Las calles de Barcelona, Tomo I, p. 166. Barcelona: Establecimiento tipográfico editorial de Salvador Manero .

Política exterior Dominado pola súa esposa Violante, Xoán fixo un cambio radical na política exterior con respecto á do seu pai, que sempre tivera unha mala opinión da súa nora, e que producira unha mala relación co seu fillo, outra vez, á final da súa vida; de feito, o enfrontamento dentro da familia real tivo repercusións á morte de Pedro IV de Aragón, momento no que se decide perseguir á súa cuarta esposa, Sibila de Fortià, e executar a dous dos seus conselleiros. En primeiro lugar, rómpese a posición de indiferenza que o Cerimonioso mantivera respecto ao conflito do Cisma de Occidente, tomando partido polo papa de Aviñón Clemente VII.

Ademais deste movemento, o resto da política, en termos xerais, foi de carácter francófilo por influencia da súa esposa. El 1387 Xoán I fraguou unha alianza co Reino de Castela e o de Francia e, en 1388 asinou un tratado co Reino de Navarra. Así mesmo reconciliouse cos Anjou, comprometendo o matrimonio da súa filla Violante con Lois II de Nápoles. E en 1390 asinou a paz coa República de Xénova.

No Reino de Sardeña a revolta da xuíza Lionor de Arborea e o seu marido, Brancaleone Doria, ameazaron a continuidade catalá na illa. En 1392 o príncipe Martiño debería dirixir unha expedición á illa sarda, pero foi abandonada debido a unha gran rebelión na illa de Sicilia, onde a xove María de Sicilia se instaurara como raíña.

Matrimonios e descendencia

Xoán I casou en primeiras nupcias con Marta de Armañac (1347-1378), filla do conde Xoán I de Armañac, coa que tivo os seguintes fillos: Xaime (1374). Xoana (1375-1407), que casou con Mateo, conde de Foix. Tras a morte do seu pai, reclamou o trono xunto ao seu marido, sendo derrotados. Morreu sen descendencia. Xoán (1376). Afonso (1377).

Tras enviuvar, casou con Violante de Bar (1365-1431), filla de Roberto I, duque de Bar. Tiveron os fillos seguintes: Xaime, duque de Xirona (1382-1388). Iolanda, ou Violante, (1384-1442), que casou con Lois II de Anjou, rei titular de Nápoles. O seu fillo, Lois III, pretendeu o trono de Reino de Aragón tras a morte de Martiño I o Humano, no compromiso de Caspe. Fernando, duque de Xirona (1389). Antonia (1391-1392). Xoán, duque de Xirona (1392-1396). Lionor (1393). Pedro (1394). Xoana (1396).

Xoán I tivo, por tanto, sete fillos varóns, aínda que todos morreron antes que el, polo que o sucedeu o seu irmán Martiño I de Aragón (Martiño o Humano, ou Martiño o Vello).

Morte Xoán I, segundo moitas fontes, morreu o 19 de maio de 1396, en Torroella de Montgrí, Xirona, a consecuencia dunha caída do cabalo mentres se encontraba nunha cacería. (1396). Outras fontes din que, segundo unha lenda, o accidente foi nun bosque próximo a Foixà, no Baix Empordà, coñecido como bosque de Orriols porque pertencía daquela a un tal Bernat Alemany d'Orriols; e no camiño que vai do castelo á igrexa hai un monumento en forma de cruceiro que recorda o feito.

O cadáver do rei Xoán foi depositado na Catedral de Barcelona, e despois trasladado a Real Mosteiro de Santa María de Poblet.

Ao non ter descendencia masculina, foi sucedido polo seu irmán Martiño I de Aragón, que desde 1380 era xa rei de Sicilia. A sucesión foi contestada por Mateo I de Foix, conde de Foix, en virtude do seu matrimonio con Xoana de Aragón e de Armañac; Martiño defendeu o reino con éxito en dúas campañas de invasión do conde Mateo.Ferrer i Mallol, Maria Tersa (2003): "El món urbà a la Corona d'Aragó del 1137 als decrets de nova planta". XVII Congrés d'Història de la Corona d'Aragó, Volume 3, páx. 304. Barcelona: Edicions Universitat Barcelona. ISBN 84-4752-741-7.

Legado Xogos florais de Barcelona Amante das letras, fundou, como quedou dito, os Xogos florais de Barcelona, tamén coñecidos como Jocs de la Gaia Ciència, a imitación dos que se celebraban en Tolosa, no Languedoc. Na época de Fèlix Torres i Amat de Palou (que foi bispo de Astorga entre 1833 e 1847) aínda se conservaban moitas trobas e poesías no Arquivo da Coroa de Aragón. Conservábase unha "Pragmàtica en favor de la Concepció inmaculada de la Verge, plena de doctrina i erudició" e unha "Carta (molt preciosa) al Soldà de Babilònia, en llengua catalana, perquè permeti la reparació de les esglésies de la Terra Santa", datada en Barcelona o 18 de abril de 1395.Torres i Amat, Fèlix (1836): Memorias para ayudar a formar un diccionario crítico de los escritores catalanes y dar alguna idea de la antigua y moderna literatura de Cataluña. Barelona: Imprenta de J. Verdaguer. páxs. 336-337.

Introdución do Humanismo na Coroa de Aragón Xoán I, xunto con Johan Ferrández d'Heredia e Bernat Metge, foi un dos primeiros eruditos europeos en mostrar interese pola cultura clásica e a italiana. O seu mordomo traduciu a Séneca ao valenciano, e o rei Xoán era un gran coleccionista de libros e lector habitual de escritores clásicos como Tito Livio e Plutarco de Queronea. E mantivo unha importante correspondencia sobre libros con Juan Fernández de Heredia e Gian Galeazzo Visconti, duque de Milán.Burke, Peter (2000): El Renacimiento Europeo. Barcelona: Crítica. ISBN 84-2432-037-5, páx. 53.

Antepasados de Xoán I de Aragón miniatura|300px|Mosteiro de Poblet. Sepulcros reais miniatura|300px|Figuras xacentes de Xoán I e Violante de Bar en Poblet.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Casula, Francesco Cesare (1977): Carte reali diplomatiche di Giovanni I il Cacciatore, re d'Aragona, riguardanti l'Italia. Padova: CEDAM. Cornudella, Rafael (2012): "Obres i artistes de França i dels Països Baixos a Catalunya al voltant de 1400". En: Museu Nacional d'Art de Catalunya. Catalunya 1400. El Gòtic Internacional. ISBN 978-84-8043-248-1.