Soiuz T-10-1 foi unha misión espacial tripulada soviética que ía ser lanzada o 26 de setembro de 1983 mediante un foguete Soiuz U desde o cosmódromo de Baikonur cos cosmonautas Gennadi Strekalov e Vladimir Titov a bordo. Un minuto antes do lanzamento a base do foguete comezou a arder. Strekalov, máis experimentado, notou que algo ía mal e axustou o seu arnés, indicándolle a Titov que fixera o mesmo. Uns segundos máis tarde, ás 19:38 GMT, o sistema de escape activouse, co foguete de escape afastando a cápsula Soiuz xunto cos seus ocupantes do Soiuz U incendiado, que estourou pouco despois. A aceleración durante a fuxida chegou aos 20 G, pero ambos cosmonautas saíron vivos do incidente, que se converteu no primeiro escape real dun foguete en problemas antes da engalaxe. Dase a circunstancia de que este era o segundo intento de Titov e Strekalov de chegar á Saliut 7 despois de pilotar a Soiuz T-8 e non conseguir acoplarse coa estación espacial.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Soiuz U Saliut 7 Soiuz T
Categoría:Programa Soiuz